La familia beeeé un proxecto de educación para a igualdade pensado para nenos e nenas de educación infantil onde se valora a importancia de compartir as tarefas entre toda a familia. (Clic na imaxe para entrar)
Agora que estamos a traballar a unidade dos alimentos, atopei este material : Cuadernos de educación en valores. Por preguntar que no quede : comer y crecer, onde explican dun xeito moi didáctico moitas cuestións sobre a alimentación. (Clicar na imaxe para ver o documento pdf)
A través deste grupo de once xogos, o neno ou a nena pode familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico mentres que tamén vai desenvolvendo outras capacidades (memoria visual, auditiva...).
Os protagonistas son Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can).
As lerias, cantigas ou ditos populares son unha fonte de aprendizaxe coa que divertirse. Pero tamén axudan e estimulan dun xeito moi lúdico o desenrolo da linguaxe.
Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e lavouna ben lavada.
Este quedou en terra e fixo unha caldeirada.
E este lambón, lacazán... ¡papouna, ben papada!