Letras Galegas 2011

Festexamos as Letras Galegas cunha saída á Senra para ver a representación de títeres "O gran Ketumba Ketamba" e despois fomos a visitar a Feira de Artesanía de Bergondo: INCOART. Alí vimos a Pepe da Nogueira ao que lle fixemos un agasallo (un libro coas imaxes das súas visitas polas escolas e os debuxos d@s nen@s) en agradecemento polo seu tempo e as súas ensinanzas. Foi un día cheo de emocións e pasámolo moi ben.


4 comentarios:

  1. Como xa che comentei esta mañá na escola, felicidades polo blog, espero que sigas con moito ánimo coas actualizacións xa que grazas a el entendemos un pouco mellor o día a día dos nosos fillos na escola. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas túas palabras Marta, asegúroche que ma dan moito ánimo e alégrame ver que esta experiencia que comezamos no CRA coa intención de crear unha nova canle de comunicación, con vós,as familias, ten boa acollida. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa por un traballo tan maravilloso, e por facilitarnos a os papas a posibilidade de ter esta fistriña para ver como os nosos fillos traballan e disfrutan, penso que é maravilloso. Gracias de verdade polo esforzo, e felicitacions a todo o CRA.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas por eses ánimos Sonia, creo que é moi positivo poder compartir con vós todas estas actividades e para os/as nenos/as resulta moi motivador.Unha aperta.

    ResponderEliminar