Tapóns de plástico para Iker

Dende o CRA de Bergondo queremos aportar o noso gran de area á iniciativa posta en marcha polos pais de Iker, un neno vasco que precisa dun aparato ortopédico.

Levamos algún tempo recollendo (con grande éxito de participación) tapóns nas escolas e un pai voluntario vaise encargar do transporte, polo que a data límite para traer tapóns é o venres 10 de xuño.

Estamos a gardar os tapóns recollidos na escola de Carrio ¡¡mirade cantos temos xa!!


3 comentarios:

  1. ¡¡¡Unha gran iniciativa!!!

    ResponderEliminar
  2. Os nenos están moi concienciados con esta iniciativa, e consecuentemente ós pais/nais e avós tamén nos toca colaborar!!

    ResponderEliminar
  3. O certo é que o éxito da iniciativa é gracias a todos vós, nenos/as e familias que estades a colaborar moi activamente. Tapón a tapón si que xuntamos un montón ;)

    ResponderEliminar