A vindeira semana nas sesións de estimulación da linguaxe oral coñeceremos unha serpe moi simpática chamada Susi Dous.
Que será o que máis lle gusta?
A quen coñecerá?
Onde vive Susi Dous?
Teremos que esperar ao conto para descobrir todas estas incógnitas...
Só darei unha pistiña : Susi Dous vive no lugar máis alto, máis alto do concello de Bergondo.
Sabedes onde atopala??
Ai Dolores...Terei que ir de ruta por Bergondo! Teño unhas ganas de coñecer a Susi Dous!!!
ResponderEliminarQuen será Susi Dous e onde vivirá? Gustaríame estar no voso cole para escoitar o conto. Que envexa!!!!! Un biquiño
ResponderEliminarSi Saleta, tes que facer un percorrido polo concello ;-) E Susi Dous estará o luns na aula das bolboretas!
ResponderEliminarAna,poderás coñecela, que ainda que é moi escurridiza,estará polo blogue. Unha aperta!!