Discriminación auditiva

Esta semán nas sesións de estimulación da linguaxe oral, unha das actividades que realizamos foi de discriminación auditiva. Coa pizarra dixital resulta sempre máis interesante e divertido. Escoitabamos os sons e tiñamos que descobrir a cal das imaxes correspondía. Mirade que atentos estivemos e o ben que o fixemos:

9 comentarios:

  1. Seguriño que estiveron moi atentos e disfrutaron un montón. Iso de ir a PDI é algo que lles encanta polo menos aos meus. Un biquiño y feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  2. Ola Ana!! A PDI é un recurso estupendo, ademais nós temos a gran sorte de contar con elas en tódalas aulas, así que xa ves, un luxo. Unha aperta e boa finde!!

    ResponderEliminar
  3. ¡Que envidia! (sana por supuesto) Nós temos soamente unha en todo o colexio, menos mal que a única que os leva son eu e normalmente non teño problemas para utilizala. Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. O máis habitual é iso, unha para o cole. A ver se dotan con máis que boa falta fai e bo uso se lle da. Bicos!!

    ResponderEliminar
  5. Na aula das Bolboretas de Carrio...estamos agardando con moitas ganiñas a nosa! Esperamos que chegue prontiño e así poder facer cousas tan divetidas nela coma os outros nenos e nenas!Bicos!!

    ResponderEliminar
  6. Tedes razón, oxalá que chegue axiña!!Unha aperta!

    ResponderEliminar
  7. Que ben lle virían estas clases a Cheeky, que so discrimina os sons da "jungle". Así da gusto aprender.

    ResponderEliminar
  8. Dolores, no meu outro blog, Medrando Xuntos (http://medrandoxuntos.blogspot.com) tes un premio agardándote. Bicos.

    ResponderEliminar
  9. Cova, Cheeky pode vir cando queira ;-) que os nenos/as están encantados con el.

    Ana, moitas gracias!! É un detalle moi bonito. Xa me paso polo teu blogue. Bicos!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...