Falando das nosas emocións

Os contos de educación emocional  tratan  diferentes vivencias emocionais : o medo, os celos, a vergoña, o enfado... Estes contos axudan ao desenvolvemento de competencias e habilidades necesarias para un bo desenrolo persoal.



























Estes son os contos que traballamos neste primeiro trimestre : 




A escuridade ainda nos da un pouquiño de medo, pero a porta un chisco aberta e as lámpadas acesas fannos máis valentes. Danos algo de vergoña falar con xente que coñecemos pouco e tamén achegarnos aos Reis Magos ou a Papa Noel para pedirlle os regalos... Xa non temos rabietas (bueeeno, ás veces algunha si, recoñecen algúns con sinceridade) e enfádanos que nos quiten os xoguetes. O que máis alegres nos pon é xogar cos nosos amigos e que os papás e mamás nos leven ao parque. E o máis importante, estamos a aprender que falando das nosas emocións e de como nos sentimos medramos emocionalmente cada día un pouquiño máis.


4 comentarios:

  1. Gústame o aire navideño do blog, quedouche moi ben. A árbore co nome de todas as escolas do CRA é precioso e superorixinal.
    Eu tamén creo que é moi importante falar de como nos sentimos. E se é con contos moi mellor. Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. É imposible non deixarse arrastrar polo ambiente navideño que xa está en tódalas partes...jeje.
    Un bico e boa finde, Ana!

    ResponderEliminar
  3. Hola, primeiro darche a miña noraboa polo teu traballo! E segundo, poderíasme decir a editorial destes libros? Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  4. Ola Almu, benvida ao blogue! Os libros pertencen ao Proxecto Papeliños da editorial Xerais, que é o que usan algunhas das titoras do cole. Saudos!!

    ResponderEliminar