Chegou o inverno



A volta das vacacións de Nadal veu acompañada de temperaturas moi baixas e xeadas que nos fan ir moi abrigadiñ@s. Nestes días estamos a falar do inverno, das prendas de roupa que nos axudan a escorrentar o frío, do tempo e das características propias desta estación. É unha ledicia ver coma os nosos peques máis peques van collendo xa unha autonomía á hora de vestirse sós. Uns axudantes moi dispostos amosáronnos toda a roupa de abrigo que trouxeron e incluso fixeron ¡unha demostración práctica! 
Traballamos unha leria sobre o inverno, pero ainda temos que repasala un pouquiño máis. Deixámosvos unhas imaxes do traballo que estamos a facer, dando a benvida ao 2012 cos termómetros tiritando (estamos no tempo ¿non?) e moitas ilusións e forzas renovadas para este segundo trimestre.


4 comentarios:

  1. Canto aprendíchedes sobre o inverno!!!!! E que maiores xon! Xa se saben vestir soíños a roupa de abrigo: gorro, bufanda, abrigo, guantes,... Dá gusto ver o atentos que están os demais. Un biquiño xeado.

    ResponderEliminar
  2. Da gusto ver como traballades. A Cheeky tamén lle trouxeron os Reis "hat" e "gloves" e non vexas como espabila o frío. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Ola Ana! Si que se van facendo maiorciños a ollos vista! Unha aperta xeada e ben fresquiña ;)
    Pois Cheeky que se abrigue ben, non vaia coller un arrefriado. Biquiños!!!

    ResponderEliminar
  4. Ai Dolores! Este vídeo é unha chulada, e en Carrio vennos de maravilla para lembrar que temos que ir ben abrigadiños no Inverno! Moitas grazas polo traballo que fas! Por certo Cheeky...un consello para mañá que che toca vir á nosa escola: trae o "hat" e os "gloves" que seguro que os precisarás! Bye!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...