Falando da Paz

 
Estes días estivemos a falar da Paz, do que significa e do importante que é. A comemoración do Día da Paz é unha das celebracións máis fermosas xa que fomenta uns valores fundamentais para a convivencia. Ainda que a paz, a cooperación, o respecto ou a tolerancia son termos que poden resultar "complicados" para entender por nen@s pequenos, ben explicados, cunha definición axeitada á súa idade chegan comprendelos perfectamente.
Tamén fixemos unhas pombas da paz cheas cos nosos nomes en corazóns de cores.


Un contiño moi bonito titulado "Mellor falar que pelexar" serviu como punto de partida para interesantes conversas sobre a importancia de solucionar os problemas falando. 


6 comentarios:

  1. Noraboa Dolores, da gusto ver como traballas, nótase ben que es a "responsable" de conivencia no C.R.A. Os cativ@s disfrutan, aprenden e fan traballos preciosos contigo. Por certo a música do vídeo encantoume.

    ResponderEliminar
  2. Que chulos Dolores! seguro que lles quedaron ben clariños eses valores, imos ter que empezar a contar os contos tamén polas rúas... A ver se nunca se lles olvidan! ;)

    ResponderEliminar
  3. Queouvos unha pomba ben bonitiña, Dolores. E o conto moi axeitado para traballar a paz. Que teñades un bo día da paz. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias polas vosas palabras, chicas. O certo é que a comemoración do día da paz ten para min un significado moi especial e penso que é moi importante mantela viva no día a día.Unha aperta graaaaande e feliz día da paz!!

    ResponderEliminar
  5. Dolores quedou moi ben!Estou coa "teacher" en que a canción lle queda ao vídeo...estupenda! E qué guapiños saen todos e todas...jeje Bicos!

    ResponderEliminar
  6. A que si? A canción é preciosa e esta versión de Mago de Oz así marchosiña, venlle que nin pintada. Unha aperta!!

    ResponderEliminar