Conciencia fonolóxica : o son "p"


Buscamos o son "p" nunha serie de imaxes : ¿estará no seu nome? ¿irá ao comezo ou soará polo medio da palabra? Temos que escoitar atentamente, repetir a palabra, vivenciar a súa articulación e pensar se o son que procuramos está nas palabras. Ao final, atopámolas todas todiñas e non se nos escapou nengunha!


10 comentarios:

  1. Moi ben traída a conciencia fonolóxica do pe despois do día da PAZ, PARABENS Profe.

    ResponderEliminar
  2. Qué fermosa presentación Dolores!! Vémonos mañá, compi!

    ResponderEliminar
  3. Seguriño que lles quedou moi clariño cal era o P e o seu son. Así da gusto traballar. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. Que chula a presentación en forma de ruleta!! Estou pensando que ao mellor podíame vir ben a min para facer unha co fonema r ou co s para uns nenos que teño.. pero se non é moita a pregunta de onde a sacache??? E que non vexo nada de publicidade... Saludiños!! Seguro que aprenderon moi ben o p!!!

    ResponderEliminar
  5. Paz, Parabéns, Profe...que ben entendeu a teacher o noso traballo. Unha chea de bicos!!

    ResponderEliminar
  6. Unha aperta grande bolboretiñas!! Hoxe vou encantada do ben que traballastes. Que maiores e canto estades a aprender! Biquiños!!

    ResponderEliminar
  7. Unha forte aperta Ana e graciñas polas túas palabras, sempre animosas e agarimosas!!

    ResponderEliminar
  8. Patri, fixen un pouco de trampa, xa que fun eu a que lle saquei o enlace á páxina. É PictureTrail, úsoo a miudo porque me gustan moito as montaxes que trae. A "publicidade" saqueilla borrando a parte final do html, fun probando ata que o logrei. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  9. AHHHH!!Xa me parecía... Pois moi ben, si señor, buscarei logo. A linguaxe html e máis eu aínda nos estamos coñecendo... ;) Gracias pola aclaración!! repito que moi chulo! Hoxe utilicei o vídeo da canción de cantando aprendo a hablar e dinlles aos meus alumnos os dominós de r para a casa... canto traballiño me aforras!!! Grazas!!! ;) Bicos!

    ResponderEliminar
  10. Os temas de "cantado aprendo a hablar" están moi ben e son moi amenos para os nenos,no cole comprobei que lles encantan. Alégrame que che sirvan os dominós ; ) Unha aperta grande,Patri!!

    ResponderEliminar