¡¡Tempo de Entroido!!



Coordinado co traballo sobre o Entroido que se está a realizar nas aulas, nas sesións de estimulación da linguaxe falamos do vocabulario referente a estas datas e debuxámolo. Aprendemos como se fan as filloas ¡nunha filloeira! Esta filloeira ten ademáis moita historia porque ¡ten case 100 anos e nela fixeron filloas 4 xeracións! Contámoslle aos compañeir@s que é o que máis nos gusta do Entroido e por que. En definitiva, estamos xa preparándonos para a festa máis divertida do ano.

8 comentarios:

  1. Encántame esta entrada, que atentos e que traballos tan bonitos fixeron. Por certo, a fama da filloeira vai de boca en boca por todo Bergondo, creo que ata piden probalas. Biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Pois hoxe en Carrio tiveron demostración en directo e degustación!!! Grazas pola conversación do luns,hoxe Manuel estaba encantado de ensinarlles a todos o ricas que as fai a sú avóa Fina!! ¡Qué envexa!

    ResponderEliminar
  3. Cova, o único problema das filloas é o traballiño que dan, pero ben vale a pena, que están boísimas! Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  4. Marta, alégrome moito que tiveran demostración real e sobre todo...¡degustación! E moitas grazas a Fina pola colaboración, xa imaxino o orgulloso que estivo Manuel. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  5. Por suposto que estaba moi orgulloso e tamén nervoso!!! ¡qué faríamos as nais traballadoras sen as "sufridas" avóas! As grazas serán dadas, e ela tamén estivo encantada de compartir unhas horas cos nenos e as mestras. Saúdos

    ResponderEliminar
  6. A min tamén me gustaría estar na degustación das filloas!!!!! Co larpeiriña que eu son... Hai que ver canto vocabulario de Entroido aprenderon e que atentiños estaban. Biquiños.

    ResponderEliminar
  7. Están que non pestañean, debe ser pola boa pinta que teñen, a ver se a próxima podemos probalas,feliz entroido!!!!

    ResponderEliminar
  8. Nin vos imaxinades, pero moitos xa se relamían ao ver o vídeo...jeje.
    Unha aperta e bo entroido a todas!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...