Rimas e máis rimas


Nesta actividade tan completa traballamos as rimas : repartimos primeiro imaxes con palabras que rimaban e cada un/unha tivo que buscar a súa parella. Ainda que ao primeiro costou un pouquiño, en canto lle colleron o truco saiu fenomenal. 




Tamén realizamos o exercicio de rimas nas pantallas interactivas e, unha vez que xa o tiñamos dominado lanzáronse a inventar as súas propias rimiñas, que quedaron moi moi ben.



E por último, aquí están algúns dos debuxos das imaxes que traballamos nas rimas :


8 comentarios:

  1. Dolores, cada dia sorpréndesme mais. Que pasada a animación dos debuxos das rimas! Non deixo e vela unha e outra vez...Bicos e noraboa.

    ResponderEliminar
  2. ¡Moitas grazas teacher! O certo é que a idea de facer unha animación cos debuxos dos nen@s era unha idea que xa facía tempo me rondaba pola cabeza e onte púxenme mans á obra. Agora o que teño ganas é de ensinarlla aos nen@s xa que creo que lles vai facer ilusión ver o seus debuxos en movemento. ¡¡Unha aperta grande!!

    ResponderEliminar
  3. Dolores, que pasada!!!! Co traballiño que da o stop motion!!! Quedouche xenial, os nen@s van a estar encantados cando o vexan. Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ana, por ver as súas caras cando ven os seus debuxos en movemento xa vale a pena. Biquiños!!

      Eliminar
  4. Que chulada, quero unha clase, mañá mesmo!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En canto teñamos un pouquiño de tempo poñémonos mans á obra, Rosa ; )
      ¡Unha aperta!

      Eliminar
  5. Moi interesante todo, os nen@s fan rimas que da gusto escoitalos, a animación cos seus debuxos está xenial, a música vaille ó pelo, noraboa!!!!!

    ResponderEliminar
  6. Estou moi orgullosa e contenta do ben que o fixeron. ¡Unha aperta, María!

    ResponderEliminar