Xogo de memoria con tapóns


Nestes días elaborei un xogo de memoria co que practicamos a pronuncia de palabras co son "S". 
Esta é unha idea faciliña de facer, é un xogo didáctico elaborado con material reciclado e ten moitas posibilidades : relacionado coa linguaxe pódese facer con imaxes que conteñan o son que desexamos traballar. Anímovos a realizalo para xogar c@s nen@s na casa, de seguro que lles gustará moito, e se o preparades xuntos máis ainda.
(Deixo un loto de imaxes co son "S" )

Nestas imaxes podedes ver o resultado :





casa, gusano, mariposa, mesa, oso, queso, saltamontes, sandalia, sandía, sillón, serpiente, vaso

10 comentarios:

  1. Que boa idea tiveches Dolores.É sinxela, motivadora e ecolóxica. Tomo nota. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E coa de tapóns que estamos a recoller nas escolas, materia prima non vai faltar...jeje.
      Unha aperta, teacher!

      Eliminar
  2. Dolores, quedoute chulísimo. Segurísimo que xogando con el aprenden a pronunciar o S de contado e moi ben. Eu tamén preparei un memory de sinais para o proxecto de educación vial e tiña pensado ao igual ca ti de utilizar tapóns pero ao final o adxunto de carpintería que é un encanto, coa madeira que lle sobraba fíxome os soportes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si que tes sorte co adxunto de carpintería e seguro que o memory de sinais quedouvos xenial. Unha aperta Ana!

      Eliminar
  3. ¡Qué chulo quedou este xogo! Dolores non deixas de sorprendernos!! Noraboa e imos todos a xogar. Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame que che guste, Marta. Realmente estes xogos e materiais que vou deixando no blog son para que os compartades cos vos@s fill@s e alégrame moito que interesen e cumplan a súa función ; ) Unha aperta!!

      Eliminar
  4. Está xenial, unha boa maneira de traballar e ademáis parece sinxelo de facer e lles motiva moito, noraboa profe!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que lles motiva, María, e iso é o fundamental. ¡Unha aperta!

      Eliminar
  5. Dolores moitas grazas!! Algunhas familias da miña clase están encantadas cos recursos que brindas no teu blogue e eu mesma tamén! Noraboa compañeira!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame moito oír iso xa que a miña intención é que o blogue sexa tamén unha fonte de recursos para as familias. Unha aperta Saleta e vémonos mañá!

      Eliminar