Libriño de lerias, refráns e adiviñas

Na aula dos cadrados están a facer una actividade moi bonita : cápsulas do tempo, onde meterán moitos obxectos. 
E... que cousiña poderiamos gardar para lembrar o traballo que facemos nas sesións de audición e linguaxe ?? Pois ...
¡¡ Un libriño con algunhas das lerias, poemas, refráns e adiviñas que aprendemos neste curso !! Ademáis vai ser un libro moi especial porque... ¡está feito cunha soa folla! 

¿Queredes ver como se fai?

Só precisamos 3 cousiñas : un folio, unhas tesoiras e as nosas mans.




¡¡Agora xa temos os nosos libriños preparados e só nos falta colorealos, facer un debuxo e poñerlles o nome!!





10 comentarios:

  1. Que chulis vos quedaron os libriños! A min encántanme, cando daba inglés utilizábaos moito, en cambio, este ano só fixemos o da auga. O voso quedou xenial. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A eles encantoulles, puxeron unhas cariñas cando viron coma se facía o libro...foi xenial! Unha aperta grande, Ana!!

      Eliminar
  2. Seguro que cando recuperen este libriño despois dun tempo aínda recorden as adiviñas, lerias e refráns tan chulis que aprenderon,que bonito!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espero que si ;-). Sabes? Un deles dixo que abriría a cápsula do tempo cando fose un "home",non creo que aguanten tanto...jeje. Biquiños!

      Eliminar
  3. Non sei de onde sacas tantas e tan boas ideas Dolores, dende logo estes nen@s teñen ben boa sorte contigo. Dou fe de que estaban entusiasmados co libriño. Bicos e unha superaperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame moito que lle gustara tanto, creo que vai ser un bo recordo para eles do traballo que fixemos ;-) Unha aperta grande, Cova!!!

      Eliminar
  4. Unha boa forma de traballar moitos aspectos nunha actividade!! Fas cousas xeniais, Dolores! Noraboa de novo!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Saleta!! O certo é que nos veu moi ben para lembrar as lerias aprendidas, e o certo é que fun moi contenta porque as souberon todas! Unha aperta para as bolboretiñas!!

      Eliminar
  5. Os quedaron chulisimos dan ganas de ponerse hacerlos,Dolores he puesto en mi blog algunos cuentos como el de la toupiña, espero que no te importe son cuentos que les gustan mucho a nuestros niños y les va hacer mucha ilusión verlos,gracias por todo, tienes unos blogs estupendos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Maica, Fina e Conchita, por supuesto que no me importa, yo los encontré en youtube, gracias a que alguien los había puesto allí :-)
      Los libritos fueron un gran éxito ya que les gustaron mucho. Muchas gracias por vuestras palabras, seguimos en contacto.
      Unha aperta!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...