Inventamos adiviñas

As adiviñas son un recurso moi axeitado para estimular a linguaxe. Con elas traballamos a comprensión oral dunha maneira divertida. Aprendemos a escoitar con atención e a pensar razoadamente no que se nos está a preguntar.



Estou segura de que moit@s de vós tedes na casa libros de adiviñas e anímovos a xogar c@s vos@s fill@s a descubrilas. 

Hai uns días, Carla quixo compartir con nós as adiviñas do seu libro e pasamos un ratiño do máis entretido xogando a adiviñar. 
¡¡Moitas grazas, Carla!!


Estos días levei polas escolas un libro que a min, particularmente, me parece precioso. Ten unhas adiviñas adaptadas aos nen@s e unhas fermosas ilustracións de Suso Cubeiro. O certo é que gustou moito e ainda que houbo que darlle voltiñas á cabeza, soubemos adiviñalas ben.


E tan motivad@s e preparad@s como estabamos, só quedaba ir un pasiño máis adiante e ...

¡¡ inventar as nosas propias adiviñas !! 

Entre tod@s, escola por escola e aula por aula, fixemos adiviñas e agora sodes vós quen tedes que descubrilas :

12 comentarios:

  1. Un traballo moi chulo!! Vamos a pasalo pipa con este poster, mañá mesmo nos poñemos con el.
    Unha aperta dende Silvoso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa me contaredes o mércores o ben que se vos deu. Estou segura de que ides acertalas todiñas. ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar
  2. Lerias e adiviñas, certamente en fabuloso recurso co que ademáis pásano chachi.Parabéns por atopar libros tan apropiados e pola atractiva posta ao día do blogue de audición e linguaxe.
    Unha aperta.
    Alicia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razón Alicia, as adiviñas son un recurso estupendo para traballar a linguaxe. ¡¡Unha aperta para Vixoi!!

      Eliminar
  3. ohhhhh!! Que chulada! Como sempre, sen palabras! Besiños!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Patri, o certo é que no CRA temos moita sorte cos nenos e nenas que ademáis de acertar todas as adiviñas, tamén as recitan moi ben.
      ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar
  4. Totalmente dacordo contigo Dolores as adiviñas son un recuso estupendo. Inventaron unhas ben inxeniosas. Algunhas fixéronme pensar un pouco, pero ese glogster...moi boa axuda. Noraboa coma sempre, un gran traballo. Moitos bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É certo, Cova, estou moi contenta das adiviñas que inventaron e eles síntense moi orgullos@s de telo feito, ademáis gústalles moito ver aos compis doutras escolas. Moitas grazas e unha chea de biquiños!!!

      Eliminar
  5. Que ben o fan! Mañá llas poñerei aos meus a ver se as acertan. Encántame xogar ás adiviñas e a eles tamén. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que o fan moi ben, son uns artistas da fala, jeje. Seguro que pasaredes un ratiño divertido adiviñando nelas.
      ¡¡Unha aperta, Ana!!

      Eliminar
  6. ola, ole e ole!!! Encántame este recurso e a presentación que fas delas! Como non podía ser doutro xeito...o tema das bolboretas...jejeje Fixérono moi ben todos os nenos e nenas de todas as escolas!!! Parabens para Dolores e para os artistas!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É un recurso que lles encanta. Nin te imaxinas o emocionados que están tentando descubrir as adiviñas dos seus compañeiros. ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar