¡¡ Os nosos propios contos !!


Gústannos tanto os contos que ...

¡¡ fixemos os nosos propios !! 

Inventamos as persoaxes, creamos
as nosas historias...

e agora querémolas compartir con vós!




 Se pinchades nas persoaxes ou nas fotos que saen a continuación, levaravos á entrada de cada un dos contos.


Na aula dos círculos de Guísamo, Max, un elefante moi tranquilo, coñece a un mono que é algo traviesiño...


Na escola de Vixoi, unha xirafa que anda algo triste pola selva adiante, coñecerá a unha amiga.


Ui, ui, ui ... á clase dos triángulos de Guísamo chegou ¡¡ unha vaca conductora !!



E pola clase das bolboretas de Carrio, anda Martín, un simpático peixe que se vai meter nun problema...



Quen será Lucho ??  
Disque un dragón moi pero que moi especial...


E na clase das xoaniñas de Carrio, as protagonistas do seu conto non podían ser outras que ...

... ¡¡ dúas xoaniñas !!



Coma están cerquiña do mar, na escola de Silvoso inventaron un conto cun peixe, un polbo e un golfiño...



Ata aquí a presentación dos contos que fixemos polas escolas. Pero agora tedes que velos e escoitalos. As persoaxes das nosas historias cobran vida (virtual) para facer as delicias dos máis peques, que o pasaron moi ben vendo os vídeos que sairon dos nosos contos.


Nas próximas entradas veredes todos os contos, ¡estade atent@s! 


8 comentarios:

  1. Unha actividade preciosísima!! E con moitas horas de traballo!! Noraboa Dolores.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Rosa. O certo é que horiñas levou, e bastantes máis das que pensaba eu, pero estou contentísima co resultado e coa acollida dos nen@s que están entusiasmad@s cos seus contiños. ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar
  2. Estou emocionada!Xa conto os días que quedan para ver eses contos!Menuda preciosidade de debuxos! Os nen@s estánsuperorgullosos e non me extraña porque a actividade non pode ser mais creativa.Ti si que vales!!!Noraboa e agardo impacienteeeeeeeeeee!Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa queda pouquiño para velos, este compás de espera ainda lle da máis emoción...je,je. Ademáis vouche dar unha primicia : o primeiro conto que vai sair ten coma protagonista a un mono ¿¿será familiar de Cheeky??. ¡Mil biquiños teacher e ata mañá!

      Eliminar
  3. Que ben a súa creatividade en movemento e por suposto coa túa iniciativa, desexando xa poder ver os videos e coñecer esas historias que seguro que están xenial, biquiños!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que sairon unhas historias estupendas, estou segura de que van gustar moito. ¡¡Biquiños, María!!

      Eliminar
  4. Que preciosidade de contos! Estou desexando ver os videos. Un biquiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Foi unha actividade que tivo un éxito que non imaxinaba. Os peques están entusiasmad@s cos seus contos. En canto remate, xa os subo ao blogue.
      ¡¡Biquiños, Ana!!

      Eliminar