¡Visitamos o CPI Cruz do Sar!


Coma outros anos, fixemos a nosa visita ao CPI Cruz do Sar, para que os/as nos@s alumn@s maiores coñezan o seu novo cole. Coma sempre, vimos felices da agarimosa acollida que sempre nos dan e o gran esforzo que fan para que esa mañá que compartimos sexa moi especial. Vimos os estupendos traballos sobre a arte que fixeron, asistimos a unha actuación musical fantástica, invitáronnos a unha merendola deliciosa e moi artística, tivemos uns guías xeniais que nos levaron polos edificios do cole, para así familiarizarnos con el, fixemos no "poli" un montón de  xogos divertidos ... ¡¡Foi unha xornada inolvidable!!

¡¡Moitas grazas a tódolos compañeir@s do CPI polo esforzo realizado!!


 

14 comentarios:

  1. Que efectiva eres, xa coas fotos que están xenial e os videos...noraboa e grazas por compartilo, xa iremos poñendo máis cousiñas nos blogues, así será unha bo xeito de agradecerlles a súa benvida, verdade?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que foi unha xornada moi bonita e pasámolo moi ben todos xuntos. ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar
  2. Tivo que ser unha mañá estupendísima. Así os maiores ainda que lles custe separarse do seu antigo cole irán contentos ao novo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A idea de que os nosos alumnos coñezan o cole ao que van é moi boa e fíxolles unha grande ilusión compartir cos compis esta xornada. ¡Unha aperta!

      Eliminar
  3. O pasamos moi ben, a pesar do calor que facía. Os anfitrións foron estupendos e vaia sorpresiñas que nos tiñan preparadas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡A verdade é que sempre nos tratan fenomenalmente ben, e así da gusto! ¡Unha aperta, Eva!

      Eliminar
  4. ¡Qué nervios! Non queda nada para que os nosos nenos deixen as escolas unitarias para pasar ó "cole de maiores"... A verdade é que da un pouco de medo (sobre todo para as que somos primerizas),e aínda que ó principio sexa un pouco duro para todos seguro que despois van ir contentísimos.
    Aínda que quedan uns días para acabar o curso ( e que aínda nos quedan outros 3 anos por diante....) aproveito para agradecerte todo o traballo que fixeches en estes 3 anos cos nosos nenos. Unha aperta!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tranquila Marta, que Manuel vaise adaptar sen nengún problema. Si que é un cambio porque nas escoliñas temos un ambiente máis "familiar" e no cole dos maiores van compartir xogos, experiencias e convivencia con moitos máis compañeiros. Fanse maiores, é lei de vida...
      Moitas grazas polas túas cariñosas palabras, ¡¡unha aperta, Marta!!

      Eliminar
  5. Ola profe Dolores! Somos os nenos e nenas da escola de Silvoso, acabamos de ver o video que fixeches e encantounos. Está fenomenal, moi bonito, precioso!
    Un bico de cada silvosiño e da súa profe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Olaaaaaaaa silvosiños!! Que ben o pasamos onte ¿verdade? Chegamos cansadiños, pero cun montón de boas experiencias e momentos compartidos. Alégrame que vos gustaran as fotos. ¡¡Biquiños para todos vós e para Rosa!!

      Eliminar
  6. Dolores, es ben traballadoriña!!! Grazas por compartir conosco estas imaxes. Que ben o pasamos! Tes toda a razón do mundo en agradecer a tod@s @s que fixeron posible que o día fora tan especial. O cansancio compensou ao ver disfrutar aos caiv@s. Biquiños e unha aperta de convivencia!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que o pasamos ben, ainda que acabamos tod@s bastante cansad@s. Foi unha xornada chea de emocións!
      ¡¡Outra aperta xigante para tí!!

      Eliminar
  7. Ai Dolores...Excelente traballo!!! Encántame a canción que escolliches. Pasámolo moi ben e para min que fun como os nenos, primeriza no de visitar o cole dos maiores...Grazas por estas entradas tan fermosas que preparas e noraboa por todo o que fas cos nenos! Biquiños. Saleta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que o pasamos xenial no cole dos maiores, e os teus peques portáronse de fábula, coma campións que son. ¡¡Unha aperta grande!!

      Eliminar