Xogamos ao turno de palabra

Xa sabemos o importante que é escoitar aos demáis cando nos contan algo, porque tamén nos gusta que nos escoiten cando somos nós os/as que falamos. 
Ainda que no tempo que adicamos a falar nas sesións de estimulación da linguaxe, lembramos a importancia de respectar o turno de palabra, tamén resulta divertido facelo coma un xogo. 
E así foi coma xurdiu o "Xogo do turno de palabra"


Unha tarxeta grande (para vela ben) co turno de palabra é para o neno ou nena que vai falar e as tarxetas pequenas que nos recordan que hai que estar caladiños e ben atentos son para o resto d@s compañeir@s.


No comezo do xogo, o/a encargad@ é quen lle reparte aos compis as tarxetas pequenas.


Cando rematamos de falar, pasámoslle a outr@ compañeir@ o turno de palabra.











E así, de xeito lúdico, cun xogo, interiorizamos esa norma tan importante para a convivencia, que é respectar o turno de palabra e escoitar o que os demáis nos aportan coas súas palabras.



6 comentarios:

  1. Que boa idea Dolores e que falla me faría a min poñelo en práctica!Tal vez tamén os adult@s deberiamos xogar a "turno de palabra".Por certo encántanme os marcos. Biquiños, xa nos queda pouco.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non estaría mal que xogaramos nós tamén, non sei se o fariamos tan ben coma eles...
      ¡¡Biquiños, teacher!!

      Eliminar
  2. Un xogo ben interesante e útil. Tereino que practicar cos meus que moitas veces se lles olvida. Un biquiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que é útil, Ana, moito máis do que pensamos. Pero eles entendérono moi ben e souberon seguir as normas para falar en grupo.
      ¡¡Biquiños!!

      Eliminar
  3. Esta é a mellor forma de aprender a respectar o turno cando falamos! Nótase que o practicaron contigo...jeje Bicos e noraboa!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pasámolo moi ben, e coma para eles era un xogo, fixérono estupendamente. De tódolos xeitos, as bolboretas xa están acostumad@s a saber escoitar. ¡As túas sesións de filosofía dan os seus froitos Saleta! ¡¡Biquiños!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...