¡¡ Tod@s a falar con Pepón !!



Despois do período de adaptación, empezamos xa as sesións de estimulación da linguaxe. Nelas traballamos diferentes aspectos : discriminación fonética e memoria auditiva; ritmo e entoación; fonética e articulación; comprensión oral; discriminación auditiva e expresión oral.

Esta semana coñecimos a Pepón, un dragón moi simpático que nos vai acompañar ao longo do curso.


O dragón Pepón é a persoaxe principal dun método de estimulación da linguaxe oral dirixido a nen@s de Educación Infantil.












2 comentarios:

  1. Encántanme Pepón. Espero que nos contedes todas as súas aventuras.
    Ai que ver que concentradiños están todos pintándoo. Da gustiño velos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pepón é un dragonciño moi simpático e imos aprender moitas cousas con el. ¡¡Unha aperta, Ana!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...