¡Celebramos o Magosto!

Hoxe tivemos un día cheo de emocións coa celebración do Magosto. 

Primeiro fomos á Senra a ver o espectáculo "Unha de contos" do grupo Matapiollos, despois fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar para ver a súa exposición de cabazas de Samaín. A esas horas xa había fame e nada mellor ca unha boa castañada. Na casa dos artesáns de Santa Marta agasalláronnos cunhas castañas asadas na lareira ¡¡todo un luxo!! 


No vídeo podedes ver o ben que o pasamos no Magosto :

4 comentarios:

  1. Que video máis bonito, Dolores, e que rapida fuches poñéndoo, xenial, é un bonito recordo dun día de Magosto moi completiño.Saúdiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tivemos un Magosto completiño de actividades,si, pero pasámolo moi ben. ¡¡Un saúdo!!

      Eliminar
  2. Como disfrutáchedes! Uhmmmmm,, seguro que as castañas estaban boísimas! Ata aquí paréceme que chega o seu cheiro. Nós ainda o faremos a mediados do mes que ven así que temos que esperar todavía, je,je Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nós fomos tempraneiros, non vaia ser que acaben as castañas...jejeje. Quedamos ben cansadiñ@s pero desfrutamos moito. ¡¡Unha aperta,Ana!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...