Materiais para as familias : xogo do "GR"


Hai uns días a nai dunha alumna pediume un xogo para practicar coa súa filla o son "GR". A moit@s nenos e nenas destas idades lles costa pronunciar os sinfóns con "R"  (pr-cr-br-fr-gr-dr-tr) e xunto coa pronuncia do "rr" forte soe ser unha das derradeiras adquisicións. 

Con este xogo podedes practicar a pronuncia de palabras con "GR". 


Palabras do xogo :

bolígrafo, fotografía, granada, granizo, grifo, grapadora, gris, grúa, grulla, grupo, lágrima, tigre, negro, vinagre, granja, cangrejo, grillo, peregrino, ogro, peligro, sangre.

Tamén estou a preparar  un xogo con palabras que conteñan os outros sinfóns e en canto o teña rematado, subiereino ao blogue para poñelo á vosa disposición.