Poema da primavera

Collage dixital realizado con debuxos d@s nen@s e unha foto feita cerca da escola de Lubre



A primavera entrou con tanta forza e tanta calor que máis ben parece que xa chegou o verán. Ainda que todos recoñecemos que non é o tempo desta calor, o certo é que anima moito e fainos vivenciar máis intensamente a nova estación : as bolboretas aparecen nos xardíns e nos patios das escolas, no recreo escoitamos os trinos dos paxaros e vemos coma os campiños se enchen coas alegres flores. Nós aprendemos un pequeno poema que fala da primavera, donde tamén practicamos a pronuncia dos sinfóns.


Materiais para as familias : palabras co son "G"


Déixovos un loto de palabras co son "G" para xogar c@s vos@s fill@s. Pódese usar coma un memori, onde todos os tapóns están boca abaixo e o/a neno/a vailles dando a volta de dous en dous ata formar as parellas. Tamén se poden repartir os tapóns en dous grupos, un para o/a neno/a e outro para o adulto e vanse volteando de un en un para que o/a neno/a busque no seu grupo a parella. O importante é que o/a neno/a escoite do adulto a pronuncia correcta para despois tentar imitala. Lembrade que nestas idades é fundamental proporcionar aos nen@s modelos de pronuncia axeitados e vós podedes axudarlles moito a mellorar a súa fala.


Palabras : gafas, gaita, galletas, gallina, gato, goma, gotas, guantes, hormiga, lechuga, pingüino, tortuga 


Refraneiro popular : o mes de marzo




Nada mellor para a linguaxe que recitar lerias, poemiñas, ditos ou refráns. Neste caso aprendemos varios refráns do mes de marzo e vede o ben que os recitamos :

Rimas e máis rimas


Nesta actividade tan completa traballamos as rimas : repartimos primeiro imaxes con palabras que rimaban e cada un/unha tivo que buscar a súa parella. Ainda que ao primeiro costou un pouquiño, en canto lle colleron o truco saiu fenomenal. 




Tamén realizamos o exercicio de rimas nas pantallas interactivas e, unha vez que xa o tiñamos dominado lanzáronse a inventar as súas propias rimiñas, que quedaron moi moi ben.



E por último, aquí están algúns dos debuxos das imaxes que traballamos nas rimas :


Xogo de memoria con tapóns


Nestes días elaborei un xogo de memoria co que practicamos a pronuncia de palabras co son "S". 
Esta é unha idea faciliña de facer, é un xogo didáctico elaborado con material reciclado e ten moitas posibilidades : relacionado coa linguaxe pódese facer con imaxes que conteñan o son que desexamos traballar. Anímovos a realizalo para xogar c@s nen@s na casa, de seguro que lles gustará moito, e se o preparades xuntos máis ainda.
(Deixo un loto de imaxes co son "S" )

Nestas imaxes podedes ver o resultado :





casa, gusano, mariposa, mesa, oso, queso, saltamontes, sandalia, sandía, sillón, serpiente, vaso

As emocións que expresamos


Dende o Observatorio da Convivencia Escolar seguimos a realizar actividades que desenrolen competencias emocionais e de comunicación que  permitan aos nos@s alumn@s afrontar axeitadamente a resolución de conflictos interpersoais e facilitando así a convivencia escolar.
Esta actividade axuda as/aos nen@s a identificar nun mesm@ e nos demáis as emocións básicas : alegría, medo, tristura, enfado...    


A alegría, o enfado, a tristeza ou o medo, son emocións e serven para comunicar como nos sentimos. É importante mirar a cara d@s nos@s compañeiros para saber que lles ocorre e como se sinten.


O que máis nos gustou foi xogar a representar estados de ánimo para que @s compañeir@s os adivinaran. 









Blogue CO2 - neutral . Iniciativa ecolóxica


Esta é unha iniciativa á que se están a sumar moitos blogues coa intención de anular o impacto das emisións de CO2 dun sitio web plantando unha árbore. O blogue de audición e linguaxe quere ser de "carbono neutral" e non causar nengún dano ao medio ambiente, por iso adherímonos a esta iniciativa.
Máis información no seguinte enlace : 



¿Cómo puede un árbol anular la producción de dióxido de carbono de tu blog?
Cuanto CO2 produce mi blog? Según el Dr. Alexander Wissner-Gross, un activista del medio ambiente y físico de Harvard, un sitio web produce un promedio de 0,02 gramos de CO2 por cada visita. Calculando 15.000 visitas de páginas al mes, esto se traduce en 3,6 kg de CO2 al año. Esta producción está principalmente vinculada a la operación de los servidores.
¿Cuánto CO2 es absorbido por un árbol? Depende de muchos factores, pero la Convención de las Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (CMNUCC) estima que un árbol absorbe cada año una media de 10 kg de CO2. Consideramos cuidadosamente 5 kg al año por cada árbol. 
Un árbol absorberá las emisiones de dióxido de carbono de tu blog, por un tiempo correspondiente a 50 años. Desde el cálculo indicado arriba se puede ver como tu blog produce por lo menos 3,6 kg de C02 al año mientras que un árbol anula 5 kg de CO2 en un año. Si nos ayudas a plantar uno, puedes seguir escribiendo tu blog por 50 años más. 

Soplarei e soplarei...

...así dicía o lobo cando tentaba derrubar as casiñas dos tres porquiños.


E nós fixemos divertidas actividades de soplo con : pelotiñas de ping pong, moliniños, matasuegras, pompas, velas e globos.





¡¡Que ben o pasamos!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...