Inventamos adiviñas

As adiviñas son un recurso moi axeitado para estimular a linguaxe. Con elas traballamos a comprensión oral dunha maneira divertida. Aprendemos a escoitar con atención e a pensar razoadamente no que se nos está a preguntar.



Estou segura de que moit@s de vós tedes na casa libros de adiviñas e anímovos a xogar c@s vos@s fill@s a descubrilas. 

Hai uns días, Carla quixo compartir con nós as adiviñas do seu libro e pasamos un ratiño do máis entretido xogando a adiviñar. 
¡¡Moitas grazas, Carla!!


Estos días levei polas escolas un libro que a min, particularmente, me parece precioso. Ten unhas adiviñas adaptadas aos nen@s e unhas fermosas ilustracións de Suso Cubeiro. O certo é que gustou moito e ainda que houbo que darlle voltiñas á cabeza, soubemos adiviñalas ben.


E tan motivad@s e preparad@s como estabamos, só quedaba ir un pasiño máis adiante e ...

¡¡ inventar as nosas propias adiviñas !! 

Entre tod@s, escola por escola e aula por aula, fixemos adiviñas e agora sodes vós quen tedes que descubrilas :

Letras Galegas 2012

Coma ben sabedes, este ano o Día das Letras Galegas adícase a Valentín Paz Andrade. Coordinado co traballo que se está a facer nas aulas, nas sesións de estimulación da linguaxe, partimos dun poema que el escribiu e desenrolamos varias actividades : recitamos, traballamos o vocabulario do poema cun memori, practicamos a conciencia silábica... Nas imaxes e mailo vídeo, podedes ver todo o que aprendemos.










Dar especialmente as grazas a Sergio, Elena e Javier que recitaron o poema cun sentimento e unha "profesionalidade" que para si quixeran moit@s oradores.  

Vaia arte teñen estas praxias

Coma xa sabedes, no C.R.A. estamos inmers@s nun proxecto de arte. En tódalas escolas están a traballar sobre varios pintores. 
Nas sesións se estimulación da linguaxe temos unhas praxias moi "artísticas" que nos animan a facer exercicios para mellorar a nosa fala. 


Estades invitados a dar un paseíño polas salas do noso museo particular ...










Ademáis tamén recitamos así de ben as lerias que acompañan os cadros :

Os xogos de Marci


Marci é un simpático compañeiro virtual que nos trouxo un montón de xogos de linguaxe cos que traballar nas pantallas dixitais interactivas. Nestas imaxes e vídeos estamos a mellorar a nosa competencia fonético-fonolóxica dun xeito moi divertido :




















Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...