Conto de Samaín


Érase unha vez unha cabaza que non sabía asustar... Non pasaría nada calquera outra noite do ano...pero estamos na noite de Samaín e ten que ASUSTAR.
¿Como o fará?  ¿Queredes sabelo?
Escoitade con atención o noso conto, estupendamente narrado polas nenas e nenos do CRA de Bergondo.




Traballamos a comprensión do conto e unhas adiviñas na PDI : 





E vede que debuxos tan fantásticos das persoaxes do conto :









¡Celebramos o Magosto!

Hoxe tivemos un día cheo de emocións coa celebración do Magosto. 

Primeiro fomos á Senra a ver o espectáculo "Unha de contos" do grupo Matapiollos, despois fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar para ver a súa exposición de cabazas de Samaín. A esas horas xa había fame e nada mellor ca unha boa castañada. Na casa dos artesáns de Santa Marta agasalláronnos cunhas castañas asadas na lareira ¡¡todo un luxo!! 


No vídeo podedes ver o ben que o pasamos no Magosto :

Unha boa convivencia

Desde o Observatorio da Convivencia Escolar queremos lembrar a importancia das boas maneiras para a nosa convivencia no día a día. Na clase dos triángulos de Guísamo, os nenos e nenas representaron as situacións que nos propón o conto que serviu como base deste traballo sobre o bo comportamento.





Para ver o Glogster a pantalla completa non tedes máis ca clicar arriba á dereita.


Pepón e o Samaín


Coma nós, o dragón Pepón tamén se está a preparar para o Samaín. Un simpático morcego, a incrible maxia do mago Gago e unha fermosa cabaza que lle trae o seu avó, son os ingredentes dun conto que nos achega á celebración do Samaín.





Materiais para as familias : xogos coa "R" suave


Coma moit@s observades, hai nen@s aos que lle costa pronunciar o son "r" suave ou ben o cambian por outro coma "d" ou "l". 
Se queredes xogar na casa, elaborei con esa finalidade unha oca fonética e máis un memori con imaxes de palabras que conteñen este son.

As palabras da oca fonética son
noria, araña, canguro, caracol, caramelo, cocinero, corona, erizo, escalera, faro, gorila, jirafa, loro, lámpara, mariposa, naranja, pájaro, palmera, papelera, paraguas, pera, pirata, semáforo, tijeras.



Memori :


¡Castañas!


Hoxe, na escola de Silvoso, tivemos un ratiño para falar das castañas. Comparamos as "nosas" castañas coas castañas de indias e observamos en que se diferencian. Ademáis, coma estamos a recitar a leria da castaña e a araña, veunos moi ben para aprender máis deste froito de outono tan importante e  saboroso.



Falamos do outono


Estamos no outono e falamos das cousiñas que máis nos gusta facer nesta época do ano. As árbores regálannos as súas follas e nós sabemos ben que facer con elas...






Pero o outono tamén nos da os seus froitos ...






Chegan as chuvias , e gústanos ...

Prestar moita atención e desfrutar do son que fan as follas cando as pisamos ...


Esto non podía faltar no "top ten" das cousas máis divertidas para facer nos paseos otoñais ...




E cando voltamos á casa tras recoller unha morea de fermosas follas, podemos ...


Se pinchades na imaxe do elefante podedes atopar máis ideas sobre manualidades con follas.



Ademáis, estamos a aprender unhas lerias e poemiñas de outono e no vídeo podedes escoitar o ben que nos sae.






Carmiña e Kiriko

O dragón Pepón contounos coma foi o seu primeiro día de escola e enseñounos unha canción cuns protagonistas moi cantareiros : a galiña Carmiña e o galo Kiriko.






Traballamos o aspecto fonético-fonolóxico articulando o fonema /k/ e identificando palabras que o conteñen:








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...