Os trabalinguas de Aldán



Un día, na escola de Carrio, Aldán díxome :
-Profe, sei un trabalinguas ¿queres que cho diga?

Pero Aldán non só sabía un trabalinguas, sabía moitos, así coma un recitado tan longo que nos deixou coa boca aberta.


Resulta que Aldán ten na súa casa un fantástico libro de trabalinguas que moi amablemente nos deixou e do que escollín algunhas que estivemos a practicar. 













Coma sabedes eu considero que os trabalinguas, os refráns, os recitados, as lerias, as adiviñas... favorecen dun xeito moi lúdico a mellora da linguaxe dos nenos e nenas. Desde aquí anímovos a xogar cos vosos fillos a aprendelos, xa veredes a ilusión que lles fai ser capaces de logralo. 

¡¡ O agradecemento a Aldán e a súa nai Isa por deixarnos o libro dos trabalinguas !!
 

6 comentarios:

  1. Que ben o fan! Gústame moito como che quedou a presentación dos trabalinguas. Probarei a facelos cos meus. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, Ana. Non sabes o que se divirten tentando aprendelos...jejeje ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar
  2. Estou totalmente dacordo contigo Dolores, os trabalinguas son un gran recurso para mellorar a fala. Que pasada que ben o fan! As miñas mais sinceiras felicitacións aos nen@s trabalingüei@s e á profe. E un biquiño moi grande para Aldán que é un neno supermotivado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que os trabalínguas destrábannos moi ben a lingua...jejeje, e pasámolo fenomenal aprendéndoos. ¡¡Biquiños, teacher!!

      Eliminar
  3. Quedáronvos moi chulos! Tamén me gustan moito esas letras de GRACIAS, son moi orixinais! Un bico Dolores!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Graciñas, Patri! As letras están ben chulas ¿a que si? Pois saquei a idea deste estupendo blogue, deixoche o enlace :

      http://arzenoblog.blogspot.com.es/2012/10/un-collage-de-letras.html

      ¡¡Biquiños!!

      Eliminar