¡Reserva da biosfera!


Nestes días tivemos unha gran noticia : as Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. 

As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo ten unha superficie de 114.000 hectáreas, algo máis dun 14 % da provincia. Comprende os concellos de Aranga, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado.
Para min, coma bergondesa, é un orgullo vivir nunha zona da que se destaca o seu desenrolo sostible. É fundamental tomar conciencia do importante que é a conciliación da actividade humana e a conservación do medio ambiente e así transmitirllo ás xeracións vindeiras.

Este é un fermoso vídeo que amosa algúns dos incríbles lugares que temos na nosa zona :


4 comentarios:

  1. Con tan fermosas paisaxes , como nos vos ian declarar Reserva da Biofesra? Tes que estar moi orgullosa. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É para estar ben contentos,por suposto. ¡¡Biquiños, Ana!!

      Eliminar
  2. É unha magnífica noticia. E nós, dende a escola, debemos seguir fomentando e traballando actitudes positivas. Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Un notición estupendo, claro que si, e temos que seguir traballando para conservalo así e melloralo. ¡¡Unha aperta!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...