Visita ao CPI Cruz do Sar




Hoxe visitamos o CPI Cruz do Sar para que @s nosos alumn@s maiores coñezan o centro no que van estar o vindeiro curso. Percorremos tódalas instalacións do cole, vimos os traballos do proxecto común que fixemos tanto no CRA coma no CPI en torno a África, invitáronnos a un menú delicioso e compartimos cancións e bailes cos nenos e nenas do Cruz do Sar. O vídeo que vos deixo é unha lembranza desta xornada tan especial que pasamos. Escoitade ben a música que o acompaña, son as cancións coas que nos agasallaron @s alumn@s de primaria e un dos temas que cantaron os máis pequeniñ@s. Coma sempre, vaia desde aquí un agarimoso agradecemento a tódolos compoñentes do cole Cruz do Sar polo estupendo recibimento que nos deron.


6 comentarios:

  1. Coma sempre, no Cruz do Sar, déronnos un recibimento espectacular, pasámolo moi ben. E hai que decir tamén que os nosos nenos portáronse fenomenal!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razó Rosa, foi unha xornada estupenda. ¡Un saúdo!

      Eliminar
  2. As cancións moi fermosas e os murais que leváchedes non se quedan atrás. Unha boísima experiencia para tod@s. Un beso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Así é, foi unha experiencia moi enriquecedora de desfrutamos moito. ¡¡Biquiños, Ana!!

      Eliminar
  3. Moi ben nos reciben sempre en Cruz do Sar, encantáronme os traballos, as actuacións, o menú africano e o encontro e a convivencia con antiguos alumn@s. Moi boa reportaxe, grazas Dolores!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Levamos unha fermosa lembranza da xornada, e coma ben dis, foi unha xornada de convivencia moi enriquecedora. ¡¡Biquiños, teacher!!

      Eliminar