A Asociación Española de
Pediatría de Atención Primaria considera convinte reducir o uso do
chupete na segunda metade do primeiro ano limitando o uso a
situacións de nerviosismo e para durmir.
O uso habitual do chupete
(ou succión do dedo) impide exercitar os músculos precisos para a
producción da fala e a linguaxe. Estos músculos son tamén
responsables da respiración e maila deglución, polo que o uso
prolongado no tempo do chupete pode chegar a producir alteracións
morfolóxicas e funcionais do sistema orofacial.
O exceso no uso do chupete
pode ocasionar :
- Dificultades no control da lingua ou dos beizos.
- Postura inadecuada da lingua na cavidade bucal, manténdose excesivamente adiantada e dificultando unha boa articulación.
- Retraso na intención comunicativa a través da linguaxe oral que vai sustituir sinalando ou con xestos.
- Alteracións no crecemento dos dentes, ocasionando problemas na mordida ou desprazamento dos dentes.
¿Como quitar o chupete?
- É importante identificar cando o/a neno/a recurre ao chupete só porque está inactivo/a e ofrecerlle alternativas a estas situacións.
- Pódese negociar cos nenos/as así coma establecer retos para deixar de utilizalos, pero nunca recurrir ao castigo.
- Tamén é apropiado explicarlles as consecuencias do uso prolongado do chupete.
Algúns contos poden servir de axuda cando toca despedirse do chupete :
Tamén hai iniciativas orixinais coma a "Árbore dos chupetes" da que poderedes saber máis premendo AQUÍ
Ademáis, temos a canción dos Lunnis para despedirse do chupete :
Que boísima entrada, Dolores. Está cheíña de moi boa información e recomendacións. Gústame. Eu tiven sorte coas miñas dúas nenas, antes do ano xa elas soas abandoaron o chupete. Un bico.
ResponderEliminarÉ unha sorte cando deixan o chupete por si mesmos; o certo é que che aforraron un traballiño...jeje. ¡Unha aperta, Ana!
Eliminar