Conversas do Xapón



Nestes días nos que os nenos e nenas do CRA de Bergondo están a aprender moitas cousas dun país tan fermoso coma Xapón, tiven a oportunidade de lembrar e compartir con eles a experiencia da miña viaxe ao País do Sol Nacente. 



















Contei coa inestimable axuda da miña amiga Satomi, que vive en Tokio e foi quen me pasou os enlaces das escolas xaponesas e deume a coñecer a Anpanman, un simpático persoaxe moi coñecido polos nenos e nenas do Xapón:














As escolas xaponesas:




Tivemos ocasión de practicar a nosa pronuncia aprendendo os nomes dos días e dos meses en xaponés:






4 comentarios:

  1. Vaia traballo mais completo. Que envexa que foras ao Xapón. Vese que os nen@s están interesados en todo o que lles levaches e que podendo manipular obxectos reais...e ese Anpanman...como pasan.Non sei se poñelo eu na casa con Cheeky. O dos días e mese en xaponés...pero se parecen de Tokio de toda a vida. Noraboa, coma sempre un traballo excelente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Gracias Cova! O certo é que están moi interesados e, polo que vexo nas escolas, as familias moi implicadas colaborando con materiais variados e experiencias estupendas. Así é coma os nenos se motivan e involucran moito máis no traballo. ¡¡Unha aperta, teacher!!

      Eliminar
  2. Mi madriña, como aprenden estes rapaces!!!!!! Vexo que estaban moi entusiasmados con todo o que lles levaches e que o xaponés se lles da de marabilla. Seguro que disfrutaron un montón coas túas clases. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Están moi entusiasmados coa cultura xaponesa e aprenderon xa unha chea de cousas. ¡¡Biquiños, Ana!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...