Contos, xogos e cancións para a PAZ


Hoxe foi un día onde compartir os contos da editorial kalandraka na voz de Patricia e coa música de Alex, onde desfrutar dos xogos cooperativos cos compañeiros de todas as escolas e onde cantarlle á PAZ.  



Este vídeo é para facervos partícipes da nosa mensaxe de PAZ :


As palabras máis fermosas


A partires do conto "El hombrecillo de papel" buscamos as palabras máis fermosas para encher o noso home de cartón, que durante uns días percorreu tódalas escolas do CRA de Bergondo. Coma ben dixo Pedro Marcos (da escola de Carrio) : "Botamos fóra as palabras malas e quedamos coas boas".














Unha HUG (aperta) ben grande para a profe Cova e agradecerlle que levase ao Homiño de papel á escola de Lubre  ¡¡moitas grazas!!


E velaquí dous vídeos, un para ver o ben que o fixeron os nenos e nenas, enchendo de cores e palabras o home de papel e outro para lembrar este conto tan fermoso que fala de paz, "El hombrecillo de papel" :


 



As Receitas da Paz


A avoa do dragón Pepón fixo unha sopa que levaba uns ingredentes moi especiais : bicos, apertas... era a "Sopa da Paz" .


Nós tamén "cociñamos" unhas receitas que o que intentan por enriba de todo é alimentar a PAZ.

¡ Imos saborealas !















¡¡ Bo proveito !!

Os trabalinguas de Aldán



Un día, na escola de Carrio, Aldán díxome :
-Profe, sei un trabalinguas ¿queres que cho diga?

Pero Aldán non só sabía un trabalinguas, sabía moitos, así coma un recitado tan longo que nos deixou coa boca aberta.

video

Resulta que Aldán ten na súa casa un fantástico libro de trabalinguas que moi amablemente nos deixou e do que escollín algunhas que estivemos a practicar. 



video






video



video

Coma sabedes eu considero que os trabalinguas, os refráns, os recitados, as lerias, as adiviñas... favorecen dun xeito moi lúdico a mellora da linguaxe dos nenos e nenas. Desde aquí anímovos a xogar cos vosos fillos a aprendelos, xa veredes a ilusión que lles fai ser capaces de logralo. 

¡¡ O agradecemento a Aldán e a súa nai Isa por deixarnos o libro dos trabalinguas !!
 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...