Imaxina animais

Ilustración de Kasia Bajerowicz



Este libro tan orixinal foi o punto de partida para o noso traballo da linguaxe e amosounos que cada obxecto poder agochar algo...


Imaxinando, imaxinando, atopamos unha chea de animais que antes non viamos... 


A este peixe-espello vanse achegar tódolos peixes presumidos do fondo do mar para ver o guapiños que son :


Os peixes achéganse a coñecer ao novo compañeiro :


¿ E que me dicides deste peixe-peite ? Creo que o mergullador quere peitearse con el ...


¿Quen anda pola cociña da aula dos triángulos?


¡¡ Vaia  !!  Pero se son ...


Con dous rolos de papel e unha parte da pista de carreiras facemos un :


Mirade que descubrimento... ¡ unha "teteirafante" !


Coidadiño cando coloreedes...un inofensivo rotulador pode ser...


Ohhhh, na mesa da profe atopamos ...


¡Vaia idea que tivo Daniel apilando cadeiras!


Como nesta clase coñecen tan ben a canción do Polo Pepe, tiña que aparecer ¿verdade?


Con moita rapidez, Manuel poido atrapar  este saltón que apareceu pola aula.


Amodiño, amodiño vai o noso :


Quen ia imaxinar que neste plátano atopariamos ...


A tartaruga xa está preparada para nadar ¡¡facédelle sitio peixiños que alá vai!!


Este platiño rosa non podía ser outra cousa que...


E xa que andamos por Exipto, ¡ moita precaución coas serpes ! Ainda que pola cariña de Xavi, decatámonos que ista non é perigosa.


Calquera dos xoguetes da clase pode sorprendernos... ¿a que agora o vedes con outros ollos?


Polo que parece, os animais mariños son os que máis abundan.


Andrés amósanos canto sabe de "dinos" :


¡Agora amímovos a mirar os obxectos que nos rodean con outros ollos e de seguro atoparedes cousas sorprendentes!


¡O poder máxico!


Toda a familia do dragón Pepón ten poderes máxicos : a nai, o pai, a avoa e mailo avó. ¡E agora Pepón tamén!  Nós non queriamos ser menos e escollemos os nosos poderes máxicos... ¿queredes saber cales son? Pois aquí están algúns deles ...






Os refráns de abril


 Ilustración de Angela Muss 


Este ano, no que levamos de abril, é ben certo que tivemos moita auga.

¿Será por iso que o refrán que primeiro nos ven á boca é "En abril augas mil"?

Pero hai máis refráns deste mes ¿querédelos coñecer? 









Ditos para botar a sortes


Moitas veces, cando comezamos un xogo, recitamos unha leria. Pedro e Clara sortean así de ben : 


Estas son as lerias que aprendemos nestes días : 



video




video




video









ORELLA PENDELLA é unha estupenda páxina que recopila gran cantidade de lerias e recitados infantís e da que están sacadas dúas das rimas anteriores. 
(Pinchade na imaxe para acceder a ela)


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...