Fin do curso 2012-2013


Acaba xa a escola e que mellor momento para botar unha ollada e ver todo o traballo que fixemos nestes meses. Aprendemos lerias, adiviñas, refráns, poemas, recitados... e moitas máis cousiñas que nos axudaron día a día a mellorar a nosa linguaxe.
Eu estou moi contenta co ben que o fixeron e quíxenllo valorar cun diploma, recordo do estupendo traballo realizado durante o curso.
Nestas imaxes podédelos ver posando ben contentiños cos seus diplomas :












Pepón e o verán


O dragón Pepón está xa a pensar no verán e cos seus poderes máxicos encheu unha caixa con todo o que precisa para as vacacións. Este foi o derradeiro conto de Pepón neste curso que xa está a piques de rematar.


Velaquí as caixas do verán que enchemos nas aulas :



Adiviñando animais de África



Coma xa sabedes, nas escolas do CRA realizamos un proxecto en torno ao conto de Madlenka e neste derradeiro trimestre coñecemos moitas cousas de África. Nas sesións de estimulación da linguaxe oral fixemos adiviñas sobre os animais que se traballaron nas aulas :

(Se pinchades en cada adiviña, abrirase unha páxina nova con información de cada animal)
































As nosas adiviñas e mailos debuxos africanos que as decoran, quedaron recollidas nestes dípticos :



Neste vídeo aparecen algúns dos animais que temos nas adiviñas e explican curiosidades e información acerca deles :



E por último, o conto "La pequeña caperucita africana" co que traballamos a comprensión e do que sairon uns fermosos debuxos :


 


Visita ao CPI Cruz do Sar




Hoxe visitamos o CPI Cruz do Sar para que @s nosos alumn@s maiores coñezan o centro no que van estar o vindeiro curso. Percorremos tódalas instalacións do cole, vimos os traballos do proxecto común que fixemos tanto no CRA coma no CPI en torno a África, invitáronnos a un menú delicioso e compartimos cancións e bailes cos nenos e nenas do Cruz do Sar. O vídeo que vos deixo é unha lembranza desta xornada tan especial que pasamos. Escoitade ben a música que o acompaña, son as cancións coas que nos agasallaron @s alumn@s de primaria e un dos temas que cantaron os máis pequeniñ@s. Coma sempre, vaia desde aquí un agarimoso agradecemento a tódolos compoñentes do cole Cruz do Sar polo estupendo recibimento que nos deron.


¡Reserva da biosfera!


Nestes días tivemos unha gran noticia : as Mariñas coruñesas e as Terras do Mandeo foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. 

As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo ten unha superficie de 114.000 hectáreas, algo máis dun 14 % da provincia. Comprende os concellos de Aranga, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado.
Para min, coma bergondesa, é un orgullo vivir nunha zona da que se destaca o seu desenrolo sostible. É fundamental tomar conciencia do importante que é a conciliación da actividade humana e a conservación do medio ambiente e así transmitirllo ás xeracións vindeiras.

Este é un fermoso vídeo que amosa algúns dos incríbles lugares que temos na nosa zona :


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...