E chegou o Pandigueiro!!

Tras unha longa viaxe dende O Courel ata o CRA de Bergondo, recibimos nas escolas ao Pandigueiro coas súas ensinanzas, os seus bos consellos e a súa sabedoría. 


Chegou acompañado dunha axudante moi especial que nos amosou unhas prendas típicas da montaña luguesa. 



Deixounos unhas cantigas populares coas que gozamos cantando:




Imaxes do Apalpador : ovisio.blogaliza.org

Foi unha xornada estupenda e dende aquí vaia o noso agradecemento ao Pandigueiro e mais a Alicia pola súa visita.





A visita do Apalpador ou Pandigueiro

Xa estamos preparad@s para recibir unha visita moi especial, a do Apalpador ou Pandigueiro que ven ao CRA de Bergondo para ver a tod@s os nen@s. Nós preparamos esta ansiada visita facendo uns colgantes e uns libriños do Apalpador que nos quedaron moi bonitiños.





Tamén aprendemos varias cousas do Courel, a fermosa terra da que chega o Apalpador:




Escoitamos unha divertida e pegadiza canción do Apalpador:



E gozamos dun conto ben fermoso: 


¡¡Benvido Apalpadooooooor!! 

¡Gústanos o teatro!


Cando recitamos a LERIA DA CASTAÑA, os nenos e nenas da escola de Silvoso propuxeron unha idea estupenda :
¡Facer unha obra de teatro sobre unha familia de castañas!
Debuxaron e recortaron as persoaxes, que despois plastificamos para facer a representación no teatriño da aula. 
E aquí tedes o resultado do seu traballo :  










¡¡Noraboa nenos e nenas de Silvoso!! 
¡¡Fixestes unha actuación fantástica!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...