Entroido galego : os BOTEIROS de Viana do Bolo


Chegamos a  Viana do Bolo onde coñecemos á persoaxe máis colorida do seu entroido : o BOTEIRO.


O BOTEIRO leva a cara cuberta cunha carouta de madeira que lembra ás máscaras africanas (algúns estudosos do entroido ven influenzas exóticas traídas da emigración). A máscara leva enriba unha gran pantalla feita cunha estrutura metálica cuberta de cintas de papel de moitas cores. Tamén destaca a camisa do BOTEIRO, con metros e metros de cintas de cores que forman bonitos debuxos.





Os BOTEIROS acompañan ao seu fulión abríndolle paso entre a xente.
O fulión fórmano veciñ@s da mesma parroquia que tocan instrumentos de percusión.

Neste vídeo vemos ao FULIÓN cos BOTEIROS :










2 comentarios:

  1. Que completísimo traballo, Dolores! O ano que vén traballarei coas túas fichas. Encántame.
    Por certo, recoméndandolle o teu blogue a unha profe de AL nova que temos no cole, non o vas crer, resulta que foi a que te sustitui a ti. Púxote polas nubes, polo gran traballo que fas cos nenos e polo gran material que preparas (cousa que por suposto eu xa sabía e corroborei :) )
    Unha aperta amiga miña.

    ResponderEliminar
  2. Vaia, o mundo é un pano ¿non si? O certo é que non tiven ocasión de coincidir con ela, pero alégrame saber que agora está no voso cole ;-) Graciñas polas túas palabras Ana, ¡¡¡unha aperta ben grande!!!

    ResponderEliminar