Entroido galego : Os XENERAIS da Ulla


A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.

As personaxes máis importates son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

(Fonte:  http://www.xeneraisdaulla.com/)








 




 Atoparedes máis información na súa páxina :

http://www.xeneraisdaulla.com/

2 comentarios:

  1. Boísima información, Dolores. Espero que disfrutes do Entroido e dunhas merecidísimas vacacións. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Ana, deséxoche tamén a ti un bo entroido ¡¡biquiños!!

      Eliminar