Comezamos o novo curso !!



Quérovos dar a benvida neste comezo de curso e aproveitar para deixarvos unhas recomendacións para estimular a linguaxe d@s vos@s fill@s. 


CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL

  • Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.

  • Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable éampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.

  • Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.

  • Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.

  • Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.

  • Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.

  • Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.

2 comentarios:

  1. Moi feliz inicio de curso, amiga!!!!!!!! Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa estamos de volta!! Deséxoche a ti tamén un fantástico inicio de curso. Apertas e bicos,Ana!!!

      Eliminar