A visita do Apalpador polas escolas

 
Chegou o Pandigueiro ás escolas do C.R.A. de Bergondo e falounos da súa terra, o fermoso Courel. Lembrounos a importancia de coidar dos nosos bosques e da fauna que neles habita. 


Pero o Pandigueiro non veu só, acompañábao, coma outros anos, a súa axudante Alicia. 

O Apalpador recitounos unhas lerias, agasallounos con pólas de faia, con saborosas mazás do Courel e cun contiño para a nosa biblioteca de aula.




















Moitas grazas ao Pandigueiro 
e a Alicia pola súa visita !!! 

2 comentarios:

  1. Noraboa pola felicitación elixida polos ENDL!!!!! Moi chula!!!! FELICES FESTAS !!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Isabel. Un saudiño e felices festas!!

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...