O pirata mariñeiro no C.R.A. de Bergondo



Durante todo o curso, o Pirata Mariñeiro, botou a súa rede máxica e pescou para nós lerias, poemas, refráns e adiviñas relacionados co noso proxecto anual sobre o mar.




Gozamos escoitándoos, recitándoos e queremos compartir convosco o ben que o fixemos.




















































En cada aula tiñamos un lugar especial para o noso querido piratiña...


E para lembrar as súas lerias, fixemos un libriño:





Remata así este curso tan "mariñeiro"

Bo verán a tod@s !!!!!


Visitamos o CPI Cruz do Sar


Fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar e @s nos@s alumn@s coñeceron o que vai ser o seu próximo cole. Coma tódolos anos, os compañeir@s do CPI amosáronnos as instalacións e agasalláronnos cunha merenda no comedor do centro.




Na aula de música, os compañeir@s do Cruz do Sar tocaron e cantaron para nós :
  







Os nenos e nenas do CRA de Bergondo amosaron os traballos que fixeron durante o curso sobre a costa da provincia da Coruña :










E como despedida desta estupenda xornada, cantamos no patio do cole :


Estamos moi agradecid@s aos compañeir@s do Cruz do Sar que fixeron deste día unha xornada inolvidable!!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...