Celebramos o Día da Paz dun xeito moi especial, cunha videoconferencia entre todas as escolas do C.R.A. de Bergondo e coa solta de pombas.
Agradecerlle a Mª José e sobre todo ao seu fillo Lucas, que fixeron posible que desde cada escola do C.R.A. saíse unha pombiña coa mensaxe de paz de todos os nenos e nenas.
Fíxonos moita ilusión poder ver aos compañeiros e compañeiras doutras escolas e sobre todo, cantar todos xuntos a canción da Paz que aprendemos coa profe María.
No BLOGUE DE MÚSICA podedes escoitar a nosa canción da Paz e tamén podedes ver un vídeo coa solta da pomba na escola de Lubre.
Os nenos e as nenas do C.R.A. de Bergondo, desexan que haxa PAZ no mundo!!








No hay comentarios:
Publicar un comentario