Na programación de actividades das Letras Galegas que ten o Concello de Bergondo, o noso centro asistiu á actuación de Paco Nogueiras co seu espectáculo musical "Brinca Vai".
Gozamos moito da actuación, cantamos, bailamos e pasámolo fenomenal!!!
Aproveitamos a ocasión para facer unhas fotos con Paco Nogueiras, do que somos grandes admiradores:
O C.R.A. de Bergondo tamén participou no concurso de marcapáxinas organizado polo concello, resultando ganadora, Antía, da escola de Guísamo.
Neste vídeo podedes ver os fantásticos marcapáxinas que fixeron os nosos alumnos e alumnas:

















Que ben o pasáchedes! Nós vímolo en directo o ano pasado no Correlingua e gustounos moito. Noraboa a todos eses grandes artistas polos bonitos marcapáxinas que fixeron. Unha aperta.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!!! O certo é queo pasamos moi ben!! Biquiños
Eliminar