Definicións da PAZ

       Ilustración de Janet Broxon


A ver se atopamos resposta a esta pregunta tan importante :
 

¿ Que é a PAZ ?


video


video


video


video


Creo que agora xa nos queda claro o que é a PAZ, eles, desde logo si que o saben ben!




Falando da Paz

 
Estes días estivemos a falar da Paz, do que significa e do importante que é. A comemoración do Día da Paz é unha das celebracións máis fermosas xa que fomenta uns valores fundamentais para a convivencia. Ainda que a paz, a cooperación, o respecto ou a tolerancia son termos que poden resultar "complicados" para entender por nen@s pequenos, ben explicados, cunha definición axeitada á súa idade chegan comprendelos perfectamente.
Tamén fixemos unhas pombas da paz cheas cos nosos nomes en corazóns de cores.


Un contiño moi bonito titulado "Mellor falar que pelexar" serviu como punto de partida para interesantes conversas sobre a importancia de solucionar os problemas falando. 


Exercicios coa lingua

Nada mellor para practicar a pronuncia que facer exercicios coa lingua, si ademáis os facemos ao son dunha canción moi divertida, ¡pasámolo así de ben!

video


Un conto titulado "O valor da amizade" animounos a falar do importantes que son os/as amigos/as, todo o que compartimos con eles e a grande axuda que nos prestan cando a necesitamos.


Chegou o inverno



A volta das vacacións de Nadal veu acompañada de temperaturas moi baixas e xeadas que nos fan ir moi abrigadiñ@s. Nestes días estamos a falar do inverno, das prendas de roupa que nos axudan a escorrentar o frío, do tempo e das características propias desta estación. É unha ledicia ver coma os nosos peques máis peques van collendo xa unha autonomía á hora de vestirse sós. Uns axudantes moi dispostos amosáronnos toda a roupa de abrigo que trouxeron e incluso fixeron ¡unha demostración práctica! 
Traballamos unha leria sobre o inverno, pero ainda temos que repasala un pouquiño máis. Deixámosvos unhas imaxes do traballo que estamos a facer, dando a benvida ao 2012 cos termómetros tiritando (estamos no tempo ¿non?) e moitas ilusións e forzas renovadas para este segundo trimestre.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...