¡¡ Felices Festas !!

Ilustración de Andrés Martínez Ricci


Adiviñas de Nadal


A fermosa imaxe coa que inicio esta entrada é de Paulo Galindro e titúlase "Um Natal mais ecológico". Elexina porque nos recorda a importancia do coidado do medio ambiente e da reciclaxe. Estos días vin nas aulas verdadeiras obras de arte en forma de adornos de nadal feitos con materiais reciclados. ¡Bravo por todas as mestras e alumn@s recicladores!

Nós tivemos que adiviñar uns acertixos relacionados co Nadal. Jacobo, Ainhoa e Mateo vannos dicir dous deles,
¿ides acertalos?    ¡seguro que si!

Escoitade con atención : 

  video


  video


E aquí están todas as adiviñas que fixemos :


 


Despois preparamos uns carteis moi decorados para poñelos na clase e desfrutar coas adiviñas cando queiramos.


 Carrio: 






Vixoi :

 




Guísamo:






Silvoso :

O tigre Greti


 

Nestes días nos que os nenos e nenas do CRA están a aprender moitas cousiñas dun país tan fascinante como é a India, de alí veu un tigre chamado GRETI co que estamos a practicar os sinfóns. 

Greti trouxo unha chea de palabras que non sabe pronunciar ben, e pediunos que lle axudemos a dicilas ben.

Moitas destas palabras están neste xogo, e se vos animades podedes practicalas tamén na casa :

 
Palabras : timbre, troncos, cuadro, abrochar, microondas, almendra, ladrillo, astronauta, libros, croquetas, piedras, abrigo, micrófono, bruja, cocodrilo, fruta, cabra, exprimidor, trompeta, árbitro, fregona, fregadero, cofre, disfraces, cruz roja, estropajo, brazo, fresa, cremalleras, estrella, cuadrado y tren.
















Xogo de linguaxe


O dragón Pepón ten un montón de xogos de  linguaxe e un dos que máis nos gustou foi o de buscar parellas. Traballamos o singular e o plural con vocabulario do conto "Pepón e o Magosto".












Leria da castaña


Novembro, tempo de outono e castañas, trae tamén unha leria que recitamos e representamos con moito xeito :


Tamén fixemos un pouco de "exercicio" coas nosas linguas, as castañas axudáronnos a practicar as praxias linguais. 








E se vos animades a facer na casa as praxias déixovos un dado para pasar un ratiño divertido xogando : 


Materiais para as familias : xogo do "GR"


Hai uns días a nai dunha alumna pediume un xogo para practicar coa súa filla o son "GR". A moit@s nenos e nenas destas idades lles costa pronunciar os sinfóns con "R"  (pr-cr-br-fr-gr-dr-tr) e xunto coa pronuncia do "rr" forte soe ser unha das derradeiras adquisicións. 

Con este xogo podedes practicar a pronuncia de palabras con "GR". 


Palabras do xogo :

bolígrafo, fotografía, granada, granizo, grifo, grapadora, gris, grúa, grulla, grupo, lágrima, tigre, negro, vinagre, granja, cangrejo, grillo, peregrino, ogro, peligro, sangre.

Tamén estou a preparar  un xogo con palabras que conteñan os outros sinfóns e en canto o teña rematado, subiereino ao blogue para poñelo á vosa disposición.

Conto de Samaín


Érase unha vez unha cabaza que non sabía asustar... Non pasaría nada calquera outra noite do ano...pero estamos na noite de Samaín e ten que ASUSTAR.
¿Como o fará?  ¿Queredes sabelo?
Escoitade con atención o noso conto, estupendamente narrado polas nenas e nenos do CRA de Bergondo.




Traballamos a comprensión do conto e unhas adiviñas na PDI : 





E vede que debuxos tan fantásticos das persoaxes do conto :









¡Celebramos o Magosto!

Hoxe tivemos un día cheo de emocións coa celebración do Magosto. 

Primeiro fomos á Senra a ver o espectáculo "Unha de contos" do grupo Matapiollos, despois fixemos unha visita ao CPI Cruz do Sar para ver a súa exposición de cabazas de Samaín. A esas horas xa había fame e nada mellor ca unha boa castañada. Na casa dos artesáns de Santa Marta agasalláronnos cunhas castañas asadas na lareira ¡¡todo un luxo!! 


No vídeo podedes ver o ben que o pasamos no Magosto :

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...