
Mamá... ¿de qué color son los besos?
Un contiño precioso,doce,colorido e cheo de bicos para compartir.

Etiquetas:
contos
Recollida de tapóns de plástico
No C.R.A. estamos a levar a cabo unha iniciativa de recollida de tapóns de plástico.
En tódalas aulas temos un espazo adicado á recollida e os nosos alumnos e alumnas están entusiasmados colaborando moito!

Etiquetas:
reciclaxe
As praxias con Bob Esponja
As láminas utilizadas para elaborar este recurso foron extraídas do blogue : Mi aula de audición y lenguaje

Etiquetas:
actividades P.E.L.,
praxias
Día da árbore 23-3-2011
Hoxe celebrámolo "Día da árbore" cunha saída á Senra e mais ao Pazo do Casal.
Chegamos á Senra e xuntámonos tódalas escolas.
Coas nosas pás botamos terra e regámola nosa árbore, un carballo.
Antes de visitar o Pazo do Casal, xogamos un pouco no parque de Santa Marta.
E chegou o momento de coñecer o Pazo.
Nada máis entrar a enorme sequoia deixounos coa boca aberta.
Tivemos que xuntarnos as escolas de Vixoi e Carrio para poder rodeala!
No estanque vimos peixes!
Paseamos polos seus fermosos xardíns vendo e coñecendo moitas clases de árbores.
Tamén nos gustou moito a antiga fonte de pedra.

Etiquetas:
saídas do CRA
Expresión oral : inventando robots
A raíz dun conto sobre un robot, traballamos a expresión oral, a descrición e fomentamos a imaxinación inventando robots.
Aquí están algúns deles así coma os seus poderes:
O robot "estrella fugaz" oe todo e cando alguén está en perigo avisa para que lle manden axuda. O robot "estrella" salva ás persoas que teñen problemas nun avión, nunha avioneta, nun globo...etc. E por último, o robot "papelera" recolle o lixo e despois o leva ao contedor que lle corresponde.
Curso 2010-2011, marzo
Programa de estimulación da linguaxe (P.E.L.)
Programa de estimulación da linguaxe (P.E.L.)

Etiquetas:
actividades P.E.L.
Momentos e actividades para a linguaxe oral
Ilustración de Brenda Sexton
- Xogar ás onomatopeias imitando animais, accións ou sons coñecidos. No momento de ler un conto facerlle as onomatopeias e animarlle a que as repita.
- Aprender e recitar xuntos adiviñas,cancións, lerias...etc.
Ilustración de Suzanne Beaky - Xogar a facer xestos diante do espello.
- Realizar exercicios de soplo.
- Aproveitar calquera momento cotidiano (saída da escola, facer a comida, ir ao supermercado, dar un paseo...etc) para conversar e ampliar o seu vocabulario.
- Ver libros de imaxes e fotografías comentando todo o que alí hai.
Ilustración de Kelly Kennedy
- Tras lerlle un conto, asegurarse que o entendeu pedíndolle que identifique ás persoaxes e explique o que fan. Tamén é moi importante que o/a neno/a conte aos adultos o conto.

Etiquetas:
recomendacións
Estimulación da linguaxe oral
Ilustración de Nancy Cote
CONSELLOS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL
- Adicar un tempo diario a falar cos fillos. Os pais, dende o entorno familiar, poden estimular a linguaxe oral dunha maneira lúdica.
- Deixar que o/a neno/a se exprese á súa maneira. Se comete erros cando fala non debemos rirnos, o máis recomendable é ampliar e reorganizar as súas expresións dándolle un modelo correcto.
- Escoitar ao/á neno/a cando fala sen interrumpirlle e acostumalo/a a que saiba escoitar.
- Ensinarlle a pedir as cousas correctamente evitando que use xestos ou monosílabos.
- Non respostar no lugar do/a neno/a. É importante que fagamos preguntas que impliquen unha resposta máis elaborada ca un simple “si” ou “non”.
- Non usar unha linguaxe simple e infantil e evitar os diminutivos. O/a neno/a utiliza esta linguaxe infantil porque se atopa nese momento evolutivo, pero non debemos imitar a súa maneira de falar,senón proporcionarlle o modelo correcto.
- Evitar a sobreprotección e darlle responsabilidades que lle fagan sentirse maior.

Etiquetas:
recomendacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)