Os contos de educación emocional tratan diferentes vivencias emocionais : o medo, os celos, a vergoña, o enfado... Estes contos axudan ao desenvolvemento de competencias e habilidades necesarias para un bo desenrolo persoal.
Estes son os contos que traballamos neste primeiro trimestre :
A escuridade ainda nos da un pouquiño de medo, pero a porta un chisco aberta e as lámpadas acesas fannos máis valentes. Danos algo de vergoña falar con xente que coñecemos pouco e tamén achegarnos aos Reis Magos ou a Papa Noel para pedirlle os regalos... Xa non temos rabietas (bueeeno, ás veces algunha si, recoñecen algúns con sinceridade) e enfádanos que nos quiten os xoguetes. O que máis alegres nos pon é xogar cos nosos amigos e que os papás e mamás nos leven ao parque. E o máis importante, estamos a aprender que falando das nosas emocións e de como nos sentimos medramos emocionalmente cada día un pouquiño máis.