Trabalinguas



Aprendemos e recitamos trabalinguas para practicar a pronuncia. É un xeito moi divertido de aumentar a precisión na fala.



Comezamos pronunciando amodo os trabalinguas para coller despois máis velocidade. Neste vídeo podedes ver e escoitar o ben que o facemos, xa que non é nada doado.

¿Animádesvos a dicilos connosco?

Libriño de lerias, refráns e adiviñas

Na aula dos cadrados están a facer una actividade moi bonita : cápsulas do tempo, onde meterán moitos obxectos. 
E... que cousiña poderiamos gardar para lembrar o traballo que facemos nas sesións de audición e linguaxe ?? Pois ...
¡¡ Un libriño con algunhas das lerias, poemas, refráns e adiviñas que aprendemos neste curso !! Ademáis vai ser un libro moi especial porque... ¡está feito cunha soa folla! 

¿Queredes ver como se fai?

Só precisamos 3 cousiñas : un folio, unhas tesoiras e as nosas mans.




¡¡Agora xa temos os nosos libriños preparados e só nos falta colorealos, facer un debuxo e poñerlles o nome!!





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...