¡Moita alegría!


Dende o Observatorio da Convivencia Escolar seguimos a diseñar e organizar actividades que melloren as habilidades emocionais.
E así foi como nas nosas conversas sobre as emocións tivemos un axudante moi especial : Mickey Mouse.
Houbo que descobrir entre tod@s o que lle pasaba a Mickey, por que se sentía así e lembramos as ocasións nas que nos sentiamos coma el.


Enfadad@s cando un amig@ non nos deixa un xoguete, contentos cando xogamos cos pais, un pouquiño avergoñad@s cando coñecemos a alguén novo, ás veces asustad@s coa escuridade... 

E de todas esas emocións estivemos de acordo que a    A L E G R Í A    é a que nos fai sentir mellor. 

¿ Estades de acordo ?
 











Día das Letras Galegas 2013







video


video


Escenificamos un anaquiño da obra "Touporroutou da lúa e do sol", donde se explica como anoitece. Así comprendemos un pouco mellor o traballo de Vidal Bolaño, que xirou sempre arredor do teatro : escribindo, dirixindo e representando.





video


 Tamén  podedes  consultar  información  sobre  Vidal  Bolaño  nos  blogues :  Mestra de apoio e Biblioteca

Recitando o maio



O mes de maio é o mes das flores e dámoslle a benvida cun poema. 

Aproveitando que nas escolas de Silvoso e Vixoi fixeron uns maios preciosos, recitamos o poemiña arredor deles :


video




Libriños



Xa sabedes o moito que nos gustan as adiviñas e o ben que o pasamos acertando nelas. Pois fixemos un libriño con tres adiviñas que nos quedou así de ben :
 










Tamén fixemos outro libriño para practicar o son "R" forte :



As plantillas dos libriños :





 E un tutorial para facelos :

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...