O Entroido Ribeirao : os VOLANTES de Chantada


Rematamos xa a nosa viaxe por algúns dos entroidos galegos máis representativos galegos cos VOLANTES de Chantada.





Cos seus grandes puchos cheos de cintas de cores, os volantes percorren as aldeas de Santiago de Arriba e Nogueira, do concello de Chantada.

Domingo Corredoiro en Santiago de Arriba (Chantada)



¡Ollade o contentiños que estabamos cos nosos libriños de entroido!





¡¡Animádevos a coñecer algúns dos entroidos galegos, gustaránvos moito!!

Entroido galego : Os XENERAIS da Ulla


A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.

As personaxes máis importates son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

(Fonte:  http://www.xeneraisdaulla.com/)








 




 Atoparedes máis información na súa páxina :

http://www.xeneraisdaulla.com/

Entroido galego : os BOTEIROS de Viana do Bolo


Chegamos a  Viana do Bolo onde coñecemos á persoaxe máis colorida do seu entroido : o BOTEIRO.


O BOTEIRO leva a cara cuberta cunha carouta de madeira que lembra ás máscaras africanas (algúns estudosos do entroido ven influenzas exóticas traídas da emigración). A máscara leva enriba unha gran pantalla feita cunha estrutura metálica cuberta de cintas de papel de moitas cores. Tamén destaca a camisa do BOTEIRO, con metros e metros de cintas de cores que forman bonitos debuxos.





Os BOTEIROS acompañan ao seu fulión abríndolle paso entre a xente.
O fulión fórmano veciñ@s da mesma parroquia que tocan instrumentos de percusión.

Neste vídeo vemos ao FULIÓN cos BOTEIROS :










Entroido galego : as PANTALLAS de Xinzo de Limia


Seguimos o noso percorrido polo ENTROIDO GALEGO coñecendo ás PANTALLAS de Xinzo de Limia.




Neste vídeo escolar, explícanlle aos nenos e nenas dun colexio, a persoaxe da PANTALLA:








Nestoutro vídeo aprenderemos moito do entroido de Xinzo de Limia e da súa persoaxe principal : A PANTALLA :

Entroido galego : os PELIQUEIROS de Laza


Comezamos o noso percorrido polas persoaxes do ENTROIDO GALEGO en Laza (Ourense), cos PELIQUEIROS :






 Decoramos as máscaras dos peliqueiros con imaxes de animais :


Fixemos crebacabezas : 
 


E un xogo de memoria :


Comezamos xa a preparar o noso libriño do ENTROIDO GALEGO : 





Ademáis, nas nosas bibliotecas de aula, temos o libro do entroido para consultalo cando queiramos :




Ilustración de Almudena Aparicio


E para rematar, neste vídeo explican moi ben a tradición dos PELIQUEIROS de Laza :


O Entroido galego



Durante este mes os nenos e nenas do CRA de Bergondo achegaranse ao ENTROIDO GALEGO, coñecendo cinco persoaxes dalgúns dos entroidos máis representativos de Galicia.

  
Pinchando nas imaxes, iredes ás entradas de cada un dos entroidos :
OURENSE

http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/2014/02/entroido-galego-os-peliqueiros-de-laza.html


http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/2014/02/entroido-galego-as-pantallas-de-xinzo.html


http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/2014/02/entroido-galego-os-boteiros-de-viana-do.html

 LUGO

http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/2014/02/o-entroido-ribeirao-os-volantes-de.html

A CORUÑA - PONTEVEDRA

http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/2014/02/entroido-galego-os-xenerais-da-ulla.html
 
Este é o libro que xa temos nas nosas bibliotecas de aula para consultar sempre que queiramos. Podedes velo picando na imaxe:

http://www.youblisher.com/p/813995-Entroido-galego-CRA-de-Bergondo-Educacion-Infantil/


Elaboraremos tamén os nosos libriños do entroido coas seguintes fichas:








Lembrade :
Para gardar as imaxes no tamaño no que as subo, deberedes abrilas noutra ventá ou pestana.



Anexo - Materiais de ENTROIDO GALEGO


Dado de entroido :


Persoaxes en b/n (en .png) :








No blogue da miña compañeira Rosa (titora da escola de Silvoso) atoparedes un estupendo libro LIM sobre as persoaxes de entroido:


Pinchade na imaxe para acceder
 



¿Entroido ou Antroido?


Podedes acadar máis información sobre o Entroido Galego no seguinte enlace, nun documento moi completo que tamén se pode descargar :

http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtu0/~edisp/turga154816.pdf?langId=es_ES

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...