A visita dos Reis Magos



Un ano máis, os Reis Magos encheron de ilusión as escolas do C.R.A. de Bergondo. Fixéronnos unha visita para recoller as nosas cartas e deixar uns estupendos agasallos.


Queremos agradecer ao concello de Bergondo que fixera posible unha xornada tan especial para os nenos e nenas do C.R.A.

























Patricia entregoulle a Alicia o premio como gañadora do concurso de postais organizado polo concello.


Neste vídeo podedes ver o resto das postais dos nenos e nenas do C.R.A. de Bergondo:









E coa postal de felicitación do C.R.A. de Bergondo queremos desexarvos unhas moi felices festas!!! 



A visita do Apalpador polas escolas

 
Chegou o Pandigueiro ás escolas do C.R.A. de Bergondo e falounos da súa terra, o fermoso Courel. Lembrounos a importancia de coidar dos nosos bosques e da fauna que neles habita. 


Pero o Pandigueiro non veu só, acompañábao, coma outros anos, a súa axudante Alicia. 

O Apalpador recitounos unhas lerias, agasallounos con pólas de faia, con saborosas mazás do Courel e cun contiño para a nosa biblioteca de aula.




















Moitas grazas ao Pandigueiro 
e a Alicia pola súa visita !!! 

O Apalpador, persoaxe do Nadal galego



O noso centro, desde hai uns anos, sumouse á iniciativa de moitos outros colexios galegos, de recuperar a figura do Apalpador ou Pandigueiro

Este vello carboeiro é moi respectuoso co medio ambiente e anímanos a coidar da natureza e do noso entorno.

Xunto co Apalpador, hai outras persoaxes típicas que coñecen ben os nenos e nenas vascos e cataláns, son éstas :


Na escola agardamos a visita do Pandigueiro para contarlle todo o que estamos a aprender co noso proxecto anual do Planeta Verde e o concienciados que estamos co coidado dos nosos bosques.

Desde a biblioteca, a profe Eva contounos a historia do Apalpador e fixemos uns libriños :




Atoparedes as instruccións para facelo, se premedes na imaxe:



Temos un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:



Se queredes xogar, non dubidedes en descargalo!!



Neste vídeo, podedes ver donde vive o Pandigueiro, os animais que atopa no Caurel e o que máis lle gusta facer :



E co cantareiros e cantareiras que somos no CRA de Bergondo, non podían faltar unhas cancións sobre esta persoaxe do Nadal galego.


Paco Nogueiras 



Mamá Cabra



Pablo Díaz



Canción e baile do Apalpador




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...