Intrusos na praia 👀


Animádesvos a localizar todos os intrusos que hai nestas fichas?

Intrusos en la playa, una ficha interactiva de cradebergondo_ayl
liveworksheets.com


Estamos na praia de Gandarío e apareceron algúns animais que non teñen que estar alí, podedes atopalos e marcalos?

Sons de animais


Temos que descubrir que son vai con cada animal...

estades preparadas e preparados??

Coloca cada animal junto a su sonido 1, una ficha interactiva de cradebergondo_ayl
liveworksheets.com


🐨  🐢  🐶  🐸  🐼  🐭


🐸 Que lle pasa á ra? 🐸



Nesta ficha temos que escoitar os audios e unilos coas ras, xa veredes que ben o facedes!!🐸


Escoitamos e lembramos 👉👂


Na actividade que vos propoño hoxe, hai que escoitar as palabras, lembralas e despois sinalalas.

A ver que tal se vos da!!

Presta atención, soan parecido



As palabras que temos na seguinte ficha, soan moi parecidas. Escoita atentamente e preme na correcta:

Escoita e descubre cal é



No seguinte vídeo, temos que escoitar atentamente o que nos di para así acertar as preguntas:



E como saiu tan ben, rematamos con esta actividade interactiva donde hai que atopar o intruso:


RiCiToS de OrO



Nesta fantástica páxina de Pictocuentos temos o fermoso conto de Ricitos de Oro, que podedes ler e escoitar se premedes na imaxe:



Podedes descargalo en pdf desde a seguinte imaxe:



E, para rematar, esta ficha interactiva, donde tedes que premer nos altofalantes, escoitar o que din e despois unilos coa imaxe axeitada :

Tempo de praia


Xa estamos no tempo e moitas e moitos de vos ides á praia. Pois hoxe as actividades que propoño están relacionadas con ela.
Primeiro un xogo de memoria, pero, ollo!! as imaxes son algo similares, polo que teredes que fixaros moito:


Imaxes do xogo de memoria : Designed by Freepik


E rematamos cunha ficha interactiva. Para saber o que hai que facer, escoitade o audio, que aí volo explico:

Atopamos palabras co son R


Na seguinte ficha tedes que atopar as palabras que teñen o son "R" e marcalas. Se premedes enriba de cada imaxe, poderedes escoitar o seu nome. Lembrade repetilas vos, así practicades ese son que moitas veces costa un pouquiño máis pronunciar 😉

Preparad@s?


Día Mundial do Medio Ambiente


Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e ten que facernos pensar no noso xeito de tratar á natureza. Temos que reflexionar e cambiar o camiño que levamos, porque non é bo para o noso planeta.

Nesta actividade podemos ver que accións poñen triste ao planeta e cales o axudan a mellorar. 
Estou segura de que o ides facer moi ben:




Memoria auditiva


Nesta ficha interactiva temos que escoitar as palabras e despois sinalar o que oimos:

O supermercado

Imaxes : pixabay

Imos ao supermercado!!

Durante todo este tempo de confinamento, as traballadoras e os traballadores dos supermercados, fixeron un labor moi importante, axudando a que non nos faltara de nada e puideramos ir comprar con seguridade e tranquilidade. 

Hoxe temos unha actividade de Pictojuegos donde teremos que ir colocando as pegatinas no seu lugar á vez que practicamos o noso vocabulario.



Agora temos un crebacabezas sinxelo:




E rematamos cun xogo de memoria:









Refráns de XUÑO


Imos ver algúns refráns do mes de XUÑO - SAN XOÁN


Pois parece que así será, xa que vamos camiño da fase 3 da desescalada 👌👍


E claro...con días tan longos, quen é capaz de deitarse cedo? 😉






E ainda que este ano non poderemos celebrar a festa de San Xoán como nos gusta aos galegos, con lumeiradas nas praias, si tentaremos facelo cos nosos seres máis queridos, comendo unhas sardiñas con pan de broa!!😄