Unhas boliñas de nadal moi divertidas

Así é...por tódalas escolas xa se respira un airiño moi navideño : as aulas énchense cos debuxos e os adornos feitos pol@s nen@s, as panxoliñas animan e atopamos árbores de nadal moi fermosas cheas de boliñas de cores. Pois nas sesións de estimulación da linguaxe, practicamos as praxias cunhas bolas navideñas moi divertidas que despois coloreamos e puxemos nas clases. 









Aquí están as boliñas por se queredes practicar un pouco na casa. E lembrade...non se pode facer trampiña coa man, é a lingua ela soa, a que ten que facer toooodos eses exercicios!


   































Sencarie : programa de saúde bucodental

SENCARIE é un programa de saúde bucodental da Xunta de Galicia destinado á comunidade educativa. Nesta aplicación multimedia con xogos educativos @s nen@s poden repasar dun xeito os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental.
Unhas persoaxes moi simpáticas vannos ensinar como coidar e manter en perfecto estado a nosa boca e os nosos dentes : 



Hai actividades para a nosa etapa, Educación Infantil :



Para acceder aos xogos non tedes máis que pinchar en calquera das imaxes. E lembrade, manter a nosa boca en perfecto estado é moi importante.

Educapeques : xogo de audición e linguaxe



Na páxina de Educapeques hay varios xogos interesantes para pasar un ratiño divertido. Nun deles hai un apartado adicado a Audición e Linguaxe onde podemos atopar  varias actividades :"¿Cuál es el dibujo?"," El dibujo verdadero" "¿Qué es lo que suena?" (Pinchade nas imaxes para entrar)



Ainda que algúns dos xogos piden rexistrarse, se non queredes facelo hai varias que vos permiten o acceso sen rexistro (só tedes que ir pinchando nas figuras xeométricas).
Ademáis  das  actividades  de  Audición e Linguaxe hai outras para elexir : atención, memoria, percepción, conceptos básicos e lóxica.

 

Materiais para as familias : dominó de animais con erre



Seguimos a traballar o erre, esta vez cun dominó de animais en castelán que o levan no seu nome (ratón, cerdo, perro, ardilla, rinoceronte, serpiente, tortuga). Elaboreino pensando en vós, as familias, para que o descarguedes, o imprimades e o máis divertido, para que xoguedes cos vos@s fill@s. Dunha maneira lúdica practicarán a pronuncia do erre e pasaredes un ratiño estupendo. Animádesvos?








Conto acumulativo co son "R" forte

O son "R" forte é un dos que máis dificultade lles supón aos nos@s alumn@s de educación infantil. É preciso practicar con palabras que conteñan ese son e este contiño de animais que levan o "R" no seu nome vainos axudar a facelo.









Secuencias temporais

Estamos a traballar con secuencias temporais : ordeamos e despois verbalizamos. Isto axúdanos a organizar mellor o noso descurso, a expresar correctamente o que pasa primeiro, o que pasa despois e o que pasa ao final.







Se queredes practicar con máis secuencias, nestas actividades de JClic atoparedes moitas para ordear. Eleximos o número de secuencias (3, 4 ou 5)  pinchamos na imaxe (aparecerá unha liña ao mover o rato) e despois no cadro no que debemos colocala. Podedes acceder ás actividades  AQUÍ


Celebramos o Samaín


O Samaín é unha festa ancestral da cultura celta, na que se celebraba a fin dun ano e o comezo do novo.
Para eles significaba a fin do verán, da luz e o comezo do inverno.
Celebraban grandes banquetes e pensaban que os mortos esa noite podían moverse libremente pola terra.
Para protexer as súas casas poñían as caveiras dos inimigos vencidos na entrada, iluminadas con candeas. Así os espíritus non lles farían dano.
Esta tradición derivou no costume de tallar cabazas e iluminalas, común nos países cunha tradición celta.
Os emigrantes irlandeses levárona a Estados Unidos, onde derivou na festa de Halloween.
A celebración cristiana de Todos os Santos tamén ten a súa orixe no Samaín celta.
É importante conservar estas antergas tradicións que ainda que foron variando ao longo dos tempos non deixan de ser un reflexo daquelo que un día fomos. 



O conto "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña é o que elexín para contarlles na sesión de estimulación da linguaxe. Adapteille o texto e elaborei as ilustracións para axeitalo á nosa etapa educativa. 





E por último un xogo para ir ensaiando como queremos tallar a nosa cabaza ¿animádesvos? Pinchade na imaxe da cabaza para acceder.


Canción dos froitos do outono

Atopei en youtube esta bonita canción : "Frutos del otoño" e pareceume un complemento moi axeitado ao traballo que fixemos esta semán. Espero que vos guste.



Poema dos froitos de outono

Este é o poemiña que estamos a aprender esta semana. Se queredes podedes practicalo na casa, porque ainda que xa nos vai saindo "requetebén" sempre é bo darlle un repasiño. 


Actividades do outono

           Ilustración de Julia Woolf

Nas sesións de estimulación da linguaxe, estamos a falar do outono : fixemos o puzzle de Susi Dous e Renata, imos aprender un poemiña sobre os froitos do outono e traballamos vocabulario en galego cun "memori" moi divertido.



Puzzle de Susi Dous e Renata

Susi Dous e Renata foron dar un paseo polo bosque para ver o fermoso que está no outono. ¿Anímaste a colocar as pezas para ver a imaxe?

preview6 pieceSusi Dous e Renata

Unhas follas moi divertidas

Tendo en conta o motivad@s que están @s nos@s alumn@s co traballo en torno ao outono, ocurriuseme facer unha animación con follas para traballar as praxias. Como algúns xa me preguntaron cando a subía ao blogue, pois aquí a temos, para que poidades practicalas cando queirades.



O monte de Santa Marta de Babío

Como xa sabedes, Susi Dous a nova amiguiña que traballou connosco o son "S", vive no monte de Santa Marta que é o punto máis alto do noso concello. Cando ideei o conto, tiña claro o que quería conquerir con el : traballar a pronuncia do "s", traballar as praxias linguais e ubicar unha persoaxe imaxinaria nun entorno do noso concello. O certo é que estou moi contenta da acollida e do moito que lle gustou aos nenos e nenas. Coma moitos deles querían coñecer mellor o lugar onde vive Susi Dous, traio unhas fotiños :


Os castiñeiros están agora moi fermosos e o chan alfombrado de ourizos.

 Alí no cumio podemos ver un vértice xeodésico.


Gozamos dunhas vistas moi bonitas de Sada e da nosa ría.


Quen é esta serpe tan simpática?


A vindeira semana nas sesións de estimulación da linguaxe oral coñeceremos unha serpe moi simpática chamada Susi Dous. 
Que será o que máis lle gusta?
A quen coñecerá?
Onde vive Susi Dous?
Teremos que esperar ao conto para descobrir todas estas incógnitas...
Só darei unha pistiña : Susi Dous vive no lugar máis alto, máis alto do concello de Bergondo.

Sabedes onde atopala??

Estimulación da linguaxe. Orientacións para as familias

O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...

                           Tiphanie Beeke
As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos.
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.
                                   Carolyn Croll

                        Aga Kowalska



ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS


Non darlle demasiados mecos
  • A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.

Calquera forma de comunicación é interesante
  • Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral, utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando algo coa man.

Ofrecer bos modelos de expresión oral
  • Non falarlle á présa.
  • Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
  • Articular ben.
  • Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez máis amplo.
  • Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
  • Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi sinxela.

Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais
  • Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os labios… e observar a cara nun espello.
  • Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a limpar os mocos correctamente de forma autónoma.

Favorecer a percepción auditiva
  • Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
  • No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros animais, o son da choiva...
  • Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de bater os ovos, da auga da billa…
  • Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das distintas personaxes, enfatizando a entoación.
                         Marty Jones

  • Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas emiten na tele?...
  • Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar distintos sons.
  • Confeccionar un “dicionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial e engadindo os que vaian xurdindo.


Que fomenten a correcta articulación
  • Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema, non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.

Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo
  • Observar o que vemos polas fiestras da casa.
  • Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da paisaxe...
  • Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.
  • Cando facemos algunha reparación na casa (ao ordenar caixóns, armarios…) buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha ensalada, un pastel ou outra comida.


                                                 Abby Carter

  • Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o máximo de cousas e non só o que se vai comprar.

                                               Jannie Ho

  • Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o seu vocabulario.
  • Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa propia linguaxe.

                                 Mick Reid
  • Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que? Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
  • Comentar en voz alta o que se está a facer.
  • Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba, palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira serve para…” Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita.
  • Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle algunha corrección e/ou ampliación.
- Nai: ¿que é?
- Neno: u fate
- Nai: un elefante grande
- Nai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Nai: si, un coche vermello

FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO NO QUE TOMAN PARTE OS NENOS E/OU AS NENAS E AS SÚAS FAMILIAS  



Estas recomendacións están extraídas dun material elaborado pola Xunta de Galicia e mailos Equipos de Orientación específicos.

    Rosa León : " Era un gato grande "



    Nesta canción de Rosa León temos un montón de palabras para practicar o son "rr"




    Era un gato grande que hacía ro-ró
    muy acurrucado en su almohadón.
    Cerraba los ojos, se hacía el dormido
    movía la cola, con aire aburrido.

    Era un ratoncito chiquito, chiquito
    que asomaba el morro por un agujerito.
    Desaparecía, volvía a asomarse
    y daba un gritito antes de marcharse.

    Salió de su escondite,
    corrió por la alfombra
    y miedo tenía
    hasta de su sombra.
     
    Pero al dar la vuelta
    sintió un gran estruendo
    vio dos ojos grandes
    y un gato tremendo.

    Sintió un gran zarpazo
    sobre su rabito
    y se echó a correr
    todo asustadito.

    Y aquí acaba el cuento de mi ratoncito
    que asomaba el morro por un agujerito.


    Ficha da actividade: 

    Practicamos as praxias coa vaca

    ¡¡Xogamos a imitar os movementos que fai a vaca!!

    Contos en cantos

    Contos en cantos é un estupendo material co que traballamos na escola. Son cancións moi pegadizas narradas en verso e que aos nosos/as nenos/as lles encantan. Con "Chocolata" practicamos o "ch" e con "Cocorico" o "r" e mailo "rr". ¿Animádesvos a cantar?





    El pájaro carpintero

    Hai algúns días falamos sobre o peto e observamos o seu burato na cortiza da árbore. Esta simpática canción lémbranos ó paxaro que tanto nos gustou.


    A tartamudez infantil

    Ilustración de Jing Jing Tsong 

     
    Os erros de fluidez son repeticións de sons, sílabas ou palabras, vacilacións ou indecisións que interrompen a fala. Estas dificultades son frecuentes en nenos/as de Educación Infantil.

    Cando nos atopamos ante un problema de fluidez na fala ou tartamudez, é importante seguir estas recomendacións :


    • Adicar tódolos días de 15 a 20 minutos a falar co/a neno/a, ver/ler algún conto xuntos, facerlle comentarios sobre o que o adulto fixo ao longo do día, sen presas e procurando que a situación sexa agradable, amosándolle que se desfruta falando con él/ela.

    • Manter o contacto ocular de xeito natural ao falar con él/ela, escoitándolle con atención e amosando interese polo que di, facéndolle ver que se lle entendeu.

    • Prestar máis atención ao que di que ás fallas de fluidez, sen amosar preocupación cando se produzan. É fundamental reaccionar dunha forma neutra ignorando a conducta da tartamudez.

    • Esperar un breve espacio de tempo antes de responderlle. Así tamén aprende a non interrumpir nin apresurarse para falar.

    • Fallarlle amodo, facendo pausas entre as frases, así nos poderá imitar e presentará menos tatexos. Que consigamos reducir a velocidade da fala cando conversamos con él/ela é un dos obxectivos primordiais. Este xeito lento de falar ten que soar natural, para que a/o neno/a non lle resulte extraño. (Pódese lentificar a fala alongando os silencios e articulando máis amodo)

    • Darlle tempo para respostar e expresarse. Hai que esperar que remate de falar sen amosar impaciencia. Non interrumpilo/a nen acabarlle a palabra ou a frase.

    • Cando o/a neno/a se amosa moi nervioso/a, querendo dicir moitas cousas e monopolizando a conversa debemos crear unha situación máis calmada intercalando comentarios e intentando instaurar un ritmo tranquilo.

    • Falarlle con frases curtas e sinxelas, axeitadas ao seu nivel de madurez. Temos que evitar falarlle con frases excesivamente longas, facerlle demasiadas preguntas xuntas, darlle instruccións complexas ou usar un vocabulario complicado para o/a neno/a.

    • Utilizar nalgunhas ocasións pausas na conversa, incluso algunha repetición de palabras ou frases, de modo que non se sinta presionado/a por falar correctamente, vexa esa conducta como algo natural e observe como o adulto resolve a dificultade.

    • Na conversa non facerlle demasiadas preguntas, é mellor realizar comentarios ou observacións sobre o que está a facer nese momento. É importante non facerlle preguntas que supoñan respostas largas.

    • Non presionarlle para que fale con outros adultos se non quere facelo, xa que falar baixo presión pode dificultar a fluidez.

    • Non é frecuente que un/unha neno/a pequeno/a comente nada sobre as súas dificultades, pero si pode chegar a amosar incomodidade ou frustración por non poder falar fluido nun momento dado. Pero si xurde o tema, é importante referirse aos erros de fluidez como unha dificultade puntual con esa palabra nese momento, e non facer referencia á tartamudez. Falaremos das súas dificultades como “atascos” “repeticións” ou termos parecidos.

    • Cando hai varios membros na familia, hai que facilitarlle participar nas conversas, establecendo turnos para que poida expresarse como o resto dos/das irmáns/ás.

    • Nunca darlle consellos no momento no que cometa erros como “fala amodo”, “tranquilo/a”, “respira”...

    • Non correxirlle directamente a súa maneira de falar ou pronunciar, nin facerlle repetir o que acaba de dicir. O que si podemos facer é introducir na nosa resposta o modelo correcto da/s palabra/s nas que presentou problemas.

    • Reforzar frecuentemente os seus aspectos positivos en xeral, para proporcionarlle maior seguridade en si mesmo/a.

    La familia beee comparte las tareas

    La familia beee é un proxecto de educación para a igualdade pensado para nenos e nenas de educación infantil onde se valora a importancia de compartir as tarefas entre toda a familia. (Clic na imaxe para entrar)

     



    As nenas e os nenos e a saúde

    Unha simpática canción que nos achega aos hábitos saudables.

    Comer y crecer

    Agora que estamos a traballar a unidade dos alimentos, atopei este material : Cuadernos de educación en valores. Por preguntar que no quede : comer y crecer, onde explican dun xeito moi didáctico moitas cuestións sobre a alimentación. (Clicar na imaxe para ver o documento pdf)




    Fonte :   http://educarenigualdad.org/

    Xoga con Fervello

    A través deste grupo de once xogos, o neno ou a nena pode familiarizarse coa lingua galega dun xeito lúdico mentres que tamén vai desenvolvendo outras capacidades (memoria visual, auditiva...). 
    Os protagonistas son  Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). 
    Clicar na imaxe para xogar.

    Poema "primaveral"