Xogos de discriminación auditiva


Animádesvos a facer uns xogos de 
discriminación auditiva? 

Xa sabedes que podedes acceder 
pinchando nas imaxes.






Veo-Veo


A proposta de hoxe é xogar ao 
"VEO-VEO"

Estou segura de que ides acertalas todas, todiñas!!


Na casa


Nestos días nos que hai que quedar nas casiñas, temos que intentar gozar con esas pequenas cousas, que agora nos damos conta, non son tan pequenas, senón moi importantes e valiosas como ...

acariñar ao noso can ou mascota, de seguro que lle van encantar tantos mimos!!


mirar un contiño, que sempre é un xeito fantástico de deixar voar a nosa imaxinación!!


coidar das plantas que temos na casa


relaxarnos, meditar, pensar en nos mesmos e no que nos fai sentir ben


escoitar música que nos guste e...bailar!!! 
xa veredes como eso nunca falla para subir o ánimo



e tamén, facer un selfie e mandarllo aos nosos seres queridos para que saiban que nos acordamos moito deles!!




E que tal se todas estas cousiñas que podemos facer nas casas as buscamos nun memori?



Primavera

Ainda que non podemos gozar agora, como quixéramos, do comezo desta estación tan fermosa e colorida como é a primavera, podemos achegarnos a ela doutros xeitos...

Imaxe:Designed by Freepik  

Cun time-lapse que nos amosa a maravilla das flores cando abren en todo o seu esplendor



E cun poema recitado por nenas e nenos que pasaron polo C.R.A. de Bergondo (pinchade na imaxe)



Xa virán momentos mellores nos que poidamos saír xuntos e ver todo co que a natureza nos agasalla na primavera.

Moito ánimo para toda a comunidade educativa do C.R.A. de Bergondo!!!

Memory de palabras con R suave



Hoxe temos un xogo de memoria que nos vai axudar a practicar o R suave. Hai moitos animaliños con ese son nos seus nomes...Anímaste a emparellalos?

                                                                                                     

Imaxes:
Designed by brgfx / Freepik

Xogamos a acabar as frases



Neste vídeo temos que acabar as frases e estou segura de que o faredes moi ben!!



Soan igual?



Agora hai que preparar ben os nosos oídos e escoitar atentamente...

Soarán igual estas palabras?



Xogos de estimulación oral


Queridas nenas/nenos e familias do CRA de Bergondo, estos días que non poderemos vernos  porque hai que estar nas casas, imos compartir xuntos recursos e actividades coas que aprenderemos moito.

A primeira delas é unha selección de xogos moi divertidos que vos van gustar moito e que estou segura faredes FENOMENAL!!


Imos practicar a nosa linguaxe xogando!!


--Podedes acceder á descarga do xogo, pinchando en calquera das imaxes--








O Apalpador, persoaxe do Nadal galego



O noso centro, desde hai uns anos, sumouse á iniciativa de moitos outros colexios galegos, de recuperar a figura do Apalpador ou Pandigueiro

Este vello carboeiro é moi respectuoso co medio ambiente e anímanos a coidar da natureza e do noso entorno.

Xunto co Apalpador, hai outras persoaxes típicas que coñecen ben os nenos e nenas vascos e cataláns, son éstas :


Na escola agardamos a visita do Pandigueiro para contarlle todo o que estamos a aprender co noso proxecto anual do Planeta Verde e o concienciados que estamos co coidado dos nosos bosques.

Desde a biblioteca, a profe Eva contounos a historia do Apalpador e fixemos uns libriños :




Atoparedes as instruccións para facelo, se premedes na imaxe:



Temos un xogo para coñecer mellor a flora e a fauna do Caurel, a terra do Pandigueiro:



Se queredes xogar, non dubidedes en descargalo!!



Neste vídeo, podedes ver donde vive o Pandigueiro, os animais que atopa no Caurel e o que máis lle gusta facer :



E co cantareiros e cantareiras que somos no CRA de Bergondo, non podían faltar unhas cancións sobre esta persoaxe do Nadal galego.


Paco Nogueiras 



Mamá Cabra



Pablo Díaz



Canción e baile do Apalpador




Orientacións para a estimulación da linguaxe



O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a fillo/a xoga...


As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos.
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.


ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS


Non darlle demasiados mecos
  • A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.

Calquera forma de comunicación é interesante
  • Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral, utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando algo coa man.

Ofrecer bos modelos de expresión oral
  • Non falarlle á présa.
  • Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
  • Articular ben.
  • Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez máis amplo.
  • Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
  • Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi sinxela.

Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais
  • Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os labios… e observar a cara nun espello.
  • Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a limpar os mocos correctamente de forma autónoma.

Favorecer a percepción auditiva
  • Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
  • No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros animais, o son da choiva...
  • Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de bater os ovos, da auga da billa…
  • Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das distintas personaxes, enfatizando a entoación.
  • Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas emiten na tele?...
  • Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar distintos sons.
  • Confeccionar un “diccionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial e engadindo os que vaian xurdindo.
 
Que fomenten a correcta articulación
  • Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema, non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.

Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo
  • Observar o que vemos polas fiestras da casa.
  • Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da paisaxe...
  • Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.
  • Cando facemos algunha reparación na casa (ao ordenar caixóns, armarios…) buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha ensalada, un pastel ou outra comida.
  • Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o máximo de cousas e non só o que se vai comprar.
  • Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o seu vocabulario.
  • Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa propia linguaxe.
  • Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que? Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
  • Comentar en voz alta o que se está a facer.
  • Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba, palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira serve para…” Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita.
  • Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle algunha corrección e/ou ampliación.
- Pai: ¿que é?
- Neno: u fate
- Pai: un elefante grande
- Pai: ¿qué é?
- Neno: ote
- Pai: si, un coche vermello

FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO NO QUE TOMAN PARTE @S NEN@S E AS SÚAS FAMILIAS  



Estas recomendacións están extraídas dun material elaborado pola Xunta de Galicia e mailos Equipos de Orientación específicos.